Eugenie Carol Scott, nada o 24 de outubro de 1945 é unha antiga profesora universitaria, divulgadora científica e educadora estadounidense dedicada á antropoloxía física. Foi activa contra o ensino do creacionismo da terra e do deseño intelixente nas escolas. Acuñou o termo "galope de Gish" para describir unha técnica pseudo-retórica empregada polos creacionistas para lanzar o maior número posible de argumentos a un interlocutor no menor tempo posible, por moi débiles ou falaces que sexan, co fin de que non dea tempo a refutar cada argumento un por un.

Traxectoria De 1986 a 2014, Eugenie Scott foi a directora executiva do National Center for Science Education, unha organización sen ánimo de lucro para a educación científica, que apoia o ensino da ciencia evolutiva. Desde 2013, Scott figura no seu consello consultivo.

Scott é doutora en antropoloxía biolóxica pola Universidade de Missouri. É bióloga, e as súas investigacións centráronse na antropoloxía médica humana e na bioloxía do esqueleto. esquerda|miniatura| Vídeo de Eugenie Scott falando en público, , no Freethought Day (Día do Librepensamento), 2022. Scott forma parte da Comisión de Separación da Igrexa e do Estado dos Estados Unidos. Ademais, Scott é membro do Consello de Asesores da publicación Scientific American. Tamén é membro do Committee for Skeptical Inquiry (CSI) e do GWUP.

Véxase tamén Bibliografía Eugenie C. Scott, 2004, Evolution vs. Creationism: An Introduction, ISBN 978-0-520-24650-8 Eugenie C. Scott & Glenn Branch, 2006, Not in Our Classrooms: Why Intelligent Design Is Wrong for Our Schools, ISBN 978-0-8070-3278-7

Ligazóns externas Eugenie Scott, do Centro Nacional de Educación Científica Eugenie Scott sobre a evolución do ensino, dos libros e das ideas Charla de Eugenie Scott: "O dereito a ensinar a evolución"

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América