Galicia Libre foi unha publicación periódica de inspiración anarquista editada en Madrid entre 1937 e 1939.
Historia e características Órgano da Agrupación de Gallegos Libertarios, apareceu o 20 de setembro de 1937. Foi unha publicación primeiro decenal e despois quincenal dirixida por Samuel Gómez González, o líder da Agrupación de Gallegos Libertarios. A partir do número 22 (do 15 de maio de 1938) pasou a subtitularse Órgano de la Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. A comezos de 1939 trasladouse a Valencia, onde se imprentaron os dous últimos números. Entre os seus colaboradores figuraron Miguel Vázquez Valiño, Manuel Pita Armada, José Ledo Limia e Luís Chamorro e as ilustracións de Manuel Crestar. Tamén chegaban colaboracións dende a emigración galega de América, destacando as de Campio Carpio.
Publicou os debuxos de Castelao da serie "Atila en Galicia".
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos CNT Asociación Internacional dos Traballadores Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa anarquista de España Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Xornais de Madrid Categoría:CNT