Gantz: Perfect Answer é un filme xaponés de ciencia ficción de 2011 dirixido por Shinsuke Sato. É a secuela do filme Gantz estreado en xaneiro dese mesmo ano, e ámbolos dous filme baséanse na obra de manga Gantz de Hiroya Oku. Está proagonizado por protagonizada por Kazunari Ninomiya no papel de Kei Kurono, Kenichi Matsuyama como Masaru Kato e Natsuna Watanabe como Kei Kishimoto.
Sinopse Kei converteuse nun guerreiro para Gantz, que busca gañar 100 puntos. Kei pretende devolverlle a vida a Kato, que morreu no mundo de Gantz. Traballa nun restaurante de comida rápida, mentres coida do irmán máis novo e orfo do seu amigo. Entre misións, Kei vive a súa antiga vida e ten unha relación con Tae (Yuriko Yoshitaka), unha artista. Finalmente logra devolver a Masaru Kato á vida, mais Masaru volve como dúas persoas: unha boa e outra mala. Tamén hai unha investigadora, Shigeta (Takayuki Yamada), que intenta comprender a violencia relacionada con Gantz, e Eriko Ayukawa (Ayumi Ito), unha actriz que esperta cunha pequena bola de Gantz na súa cama. Pronto, os alieníxenas comezan a tomar forma e atacan aos personaxes principais, mentres a bola de Gantz comeza a experimentar fallos. A loita culmina nunha batalla a bordo dun metro con alieníxenas que cambian de forma.
Personaxes Ken'ichi Matsuyama como Masaru Kato Kazunari Ninomiya como Kei Kurono Yuriko Yoshitaka como Tae Kojima Takayuki Yamada como Masamitsu Shigeta Kanata Hongō como Joichiro Nishi Ayumi Itō como Eriko Ayukawa Tomorowo Taguchi como Yoshikazu Suzuki Natsuna Watanabe como Kei Kishimoto Masanobu Sakata como Shinichi Kobayashi Tomokazu Koshimura como Kouta Nakamura Yurie Midori como Mako Yamamoto Gō Ayano como home de negro #1 Yasuyuki Hirano como home de negro #2
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gantz
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Shinsuke Sato Categoría:Filmes con banda sonora de Kenji Kawai Categoría:Filmes de Toho