O Supermarine P.B.31E Nighthawk foi un avión británico da primeira guerra mundial deseñado pola Pemberton-Billing antes de converterse en Supermarine Aviation Works Ltd. Tratábase dun caza nocturno anticepelíns operado por unha tripulación de tres a cinco homes cunha autonomía planeada de entre 9 e 18 horas. O prototipo voou en febreiro de 1917 con Clifford Prodger aos controis.Mason 1992, p. 60 Probou que non cumpría coa especificación prometida e non se construíron máis.

Deseño e desenvolvemento O Nighthawk tiña ás de cuadriplano de seis vans e unha cola biplana con dúas derivas e dous temóns. A fuselaxe enchía o espazo entre a segunda e terceira ás; a cabina, que tamén tiña unha torreta á altura da á superior, estaba pechada e tiña calefacción.

Xunto coa longa autonomía prevista, suxeríuse que debería ser capaz de patrullar a baixas velocidades e agardar aos cepelíns."Sires of the Switft", Flight: 462, 1953 De armamento tiña un reflector montado no morro, un canón Davis de 37 mm sobre a á superior con 20 cartuchos, e dúas metralladoras Lewis de 7,7 mm. A potencia para o reflector era proporcionada por un grupo electróxeno independente accionado por motor de gasolina fabricado por ABC Motors, posiblemente a primeira instancia dunha unidade de potencia auxiliar aerotransportada recoñecible.Andrews e Morgan 1987, p. 21

Historial operacional Aínda que se promoveu como capaz de alcanzar 121 km/h, o prototipo P.B.31E só logrou voar a 97 km/h a 2 000 m, tardando unha hora en subir ata os 3 000 m, algo totalmente inaxeitado para cazar cepelíns.Bruce 1969, p. 69 Os dirixibles alemáns, como os cepelíns militares de clase P ou R era xa capaces de voar a 97 km/h.

Ademais, dada a reputación do motor Anzani por falta de fiabilidade e sobrequecemento, é improbable que a aeronave ofrecese o rendemento anunciado.

Reliquias conservadas miniatura|272x272px|Hélice do Nighthawk no museo Solent Sky Unha das dúas hélices do Nighthawk está conservada en Solent Sky, un museo de aviación situado en Southampton, Inglaterra.

Especificacións Datos de The British Fighter since 1912

Características xerais

Tripulación: 4 (2 pilotos e 2 artilleiros) Lonxitude: 11,28 m Envergadura: 18,29 m Altura: 5,398 m Superficie alar: 89,4 m2 Peso baleiro: 1 668 kg Peso bruto: 2 788 kg Planta motriz: 2 motores de pistón refrixerados por aire Anzani de 10 cilindros, con 100 hp (75 kW) cada un Propellers: hélices de paso fixo de 4 pas

Rendemento

Velocidade máxima: 121 km/h Autonomía: 9 horas normal e 18 horas máximo Tempo a altitude: 3 048 m en 60 minutos

Armamento

Armas: un canón Davis de 37 mm e unha metralladora Lewis sobre a á superior, e unha Lewis no morro

Notas

Bibliografía

Andrews, C.F. and E.B. Morgan. Supermarine Aircraft since 1914. London: Putnam, 1987. . Bruce, J.M. Warplanes of the First World War, Volume Three: Fighters. London: Macdonald, 1969. . Mason, Francis K. The British Fighter since 1912. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press, 1992. .

Nighthawk Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1917