Francisco Rodríguez Fernández, nado no Barco de Valdeorras cara a 1910 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 9 de setembro de 1941, foi un xornaleiro e político galego.
Traxectoria Veciño de Vilanova de Valdeorras. Militante do PCE, era presidente do grupo comunista de Vilanova. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Foi detido o 27 de febreiro de 1937. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión o 5 de agosto de 1937 co seu irmán Gerardo Rodríguez Fernández,El Pueblo Gallego, 6-8-1937, p. 7. e condenado á pena de morte, conmutada a cadea perpetua. Finou no campo de traballo da Carretera del Centro das Palmas de Gran Canaria o 9 de setembro de 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1938,BOP Ourense, 25-1-1938, p. 1. e foi sancionado co pago de 100 pesetas en 1941.
Vida persoal
Casou con Pilar Álvarez Fernández, con quen tivo unha filla. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Francisco Rodríguez Fernández e Gerardo Rodríguez Fernández.
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1937