O Supermarine Commercial Amphibian (orixinalmente chamado Supermarine Amphibian, e despois designado N147 polo Ministerio do Aire británico) foi un hidroavión de pasaxeiros. Foi o primeiro avión deseñado por Reginald Mitchell de Supermarine e construíuse nos talleres da compañía en Woolston, Southampton, para unha competición do Ministerio do Aire que tivo lugar durante setembro de 1920. Baseado no Supermarine Channel, o Amphibian era un hidroavión biplano cun único motor, un casco de madeira, envergaduras desiguais e un motor Rolls-Royce Eagle de 350 cabalos de potencia (260 kW). O piloto sentábase nunha cabina aberta detrás de dous pasaxeiros.
O Commercial Amphibian quedou segundo na competición, pero foi xulgado o mellor dos tres participantes en canto a deseño e fiabilidade, e polo tanto entregáronselle dous premios de £4 000 (equivalentes a £159 400 en 2019). En outubro de 1920 esnafrouse e quedou danado sen posibilidades de reparación e non se construíron máis Commercial Amphibians, aínda que en virtude do rendemento da aeronave durante a competición, Supermarine recibiu o encargo de facer un prototipo de Fleet Spotter Amphibian de tres prazas, máis tarde chamado Supermarine Seal II.
Antecedentes En abril de 1920, o Ministerio do Aire británico anunciou que celebraría dúas competicións para avións comerciais, unha para avións terrestres e outra para hidroavións. O obxectivo do Ministerio era o de intentar estimular a industria aeronáutica británica, que levaba tendo problemas dende o final da primeira guerra mundial. O Supermarine Commercial Amphibian, coñecido orixinalmente como Supermarine Amphibian, foi deseñado polo xefe de deseño de Supermarine Reginald Mitchell para competir polo premio do hidroavión, sendo o seu primeiro deseño dun avión.Andrews & Morgan 1981, p. 41Pegram 2016, pp. 29-30 Os requisitos do Ministerio do Aire para os participantes incluían a necesidade de acomodar a polo menos dous pasaxeiros que puidesen entrar no avión en terra ou na auga. Tanto os pasaxeiros como a tripulación tiñan que ter acceso a chalecos salvavidas. O avión tiña que ser capaz de voar 350 millas náuticas (650 km) a 300 metros a unha velocidade de polo menos 130 km/h mentres levaba unha carga mínima de 230 kg. A aeronave tamén tiña que demostrar que podía voar durante tres minutos a 914 metros (3 000 pés) e aterrar sobre globos atados situados a 7,6 metros sobre o chan.
Deseño miniatura|250x250px|Esquema do Commercial Amphibian Mitchell baseou o seu deseño para o Amphibian no hidroavión Supermarine Channel, que á súa vez era unha versión modificada do AD Flying Boat, un avión de recoñecemento e patrulla producido a finais da primeira guerra mundial e que nunca viu acción durante o conflito.Pegram 2016, p. 29
O Amphibian era un biplano monomotor cun casco de madeira e ás con distintas envergaduras. O motor de 350 cabalos (260 kW) Rolls-Royce Eagle estaba montado entre as ás en configuración pusher (coa hélice detrás). A cola tiña unha única deriva e un único plano horizontal montado na metade da deriva.Andrews & Morgan 1981, pp. 42-43 A parte dianteira do avión deseñouse para que o casco desviase a auga, cun perfil semellante ao dun barco. Unha innovación introducida por Mitchell foi un mecanismo para operar os aleróns simultaneamente. O tren de aterraxe deseñouse para ser parcialmente retráctil.
O piloto do Amphibian estaba acomodado nunha cabina aberta xusto diante das ás, con espazo para dous pasaxeiros nunha cabina pechada máis adiante. Había unha cana de temón para que o piloto a utilizase cando a aeronave estaba na auga, para que puidese navegar máis facilmente por augas estreitas.
Historial operacional miniatura|246x246px|O Amphibian antes dunha proba A competición do Ministerio do Aire tivo lugar durante o mes de setembro de 1920 nas estacións experimentais da Royal Air Force en Martlesham Heath e Felixstowe. O Supermarine Amphibian (co rexistro G-EAVE) foi pilotado por Herbert HoarePegram 2016, p. 30 e competiu contra outros dous hidroavións, un Vickers Viking e un Fairey III.Jackson 1973, p. 312Andrews & Morgan 1981, pp. 42, 44-45 Outros dous hidroavións non chegaron á competición.Andrews & Morgan 1981, p. 42
Debido ao seu maior peso e menor velocidade en comparación cos outros dous competidores, o Supermarine Amphibian desempeñouse mal no aire, pero foi xulgado como o avión mellor construído e máis fiable da competición. Foi o único participante en completar todas as probas, e durante toda a competición nunca houbo necesidade de axustar o avión. A competición fora gañada polo Vickers Viking, que gañou o premio de £10 000 (equivalentes a £398 500 en 2019), e o Amphibian foi segundo. O Ministerio do Aire dobrou o premio de consolación de £4 000 para o Amphibian, recibindo así £8 000 (equivalentes a £318 800 en 2019). O Ministerio xulgou que o deseño de Mitchell era excelente e que o avión tivera un bo rendemento, tendo en conta que tiña o motor menos potente dos tres competidores.Andrews & Morgan 1981, p. 44
O Commercial Amphibian esnafrouse un mes despois da competición,Andrews & Morgan 1981, pp. 44-45 cando o 13 de outubro de 1920, tras saír de Southampton, tivo un accidente en Great Bookham, Surrey. Foi danado irreparablemente e non se produciron outros Amphibians.
Legado Tras a competición, o Ministerio do Aire designou o Vickers Viking como N146, e o Supermarine Amphibian como N147.Andrews & Morgan 1981, p. 68 A partir do rendemento do Amphibian, o Ministerio do Aire encargou a Supermarine a fabricación dun prototipo de Fleet Spotter Amphibian de tres prazas.Pegram 2016, p. 32 O ministerio emitiu a especificación 7/20 para o prototipo, nomeado Supermarine Seal II, e Supermarine completou os planos en novembro de 1920. Algunhas características vistas no Amphibian usáronse para desenvolver o Supermarine Walrus, do cal se construíron máis de 700 exemplares que estiveron operativos ata a segunda guerra mundial.Andrews & Morgan 1981, pp. 147, 360 Mitchell tamén usou ideas tanto do Amphibian como do Supermarine Channel II para deseñar un Amphibian Flying Boat para Ship Work en 1920.Pegram 2016, p. 31
Especificacións Datos de Supermarine Aircraft since 1914.Andrews & Morgan 1981, p. 45
Características xerais
Tripulación: 1 Capacidade: 2 pasaxeiros Lonxitude: 9,91 m Envergadura superior: 15 m Envergadura inferior: 14 m Altura: 4,42 m Superficie alar: 56 m2 Peso baleiro: 1 813 kg Peso bruto: 2 585 kg Planta de potencia: 1 motor de pistóns refrixerado por auga Rolls-Royce Eagle VIII V-12 de 350 hp (260 kW) Hélices: hélice de paso fixo de madeira de 4 pas
Rendemento
Velocidade máxima: 151 km/h Velocidade de cruceiro: 130 km/h Velocidade de baixada: 89 km/h Alcance: 502 km
Notas
Bibliografía
Categoría:Aeronaves de Supermarine Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1920