Ramón Rey Baltar, nado en Padrón o 5 de abril de 1882 e finado en Gerli (Arxentina) o 3 de xullo de 1969, foi un médico, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Rey Gosende. Logo de estudar na escola de José María Vidal Cepeda fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en 1910 por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Buenos Aires.
Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Alfonso Daniel Rodríguez Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega de Bos Aires. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.
O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comezo da Guerra civil española.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Biografía na Enciclopedia da Emigración Galega Biografía de Ramón Rey Baltar
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Médicos de Padrón Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Médicos da Arxentina