miniatura|dereita|Estatua de Peter Pan nos xardíns de Kensington (Londres). Peter Pan é un personaxe de ficción literario. A primeira aparición foi en forma impresa no ano 1902 nun libro titulado O paxariño branco, unha versión de ficción da relación entre o seu escritor James Matthew Barrie e os nenos Llewelyn Davies, e logo foi utilizado nunha obra teatral moi famosa: Peter Pan ou o neno que non quería medrar, estreada en Londres o 27 de decembro de 1904.

No ano 1906, a sección "O paxariño branco" na que aparecía Peter Pan foi publicada como libro, co título Peter Pan nos xardíns Kensington, e con ilustracións de Arthur Rackham. En 1911 Barrie adaptou a obra teatral a unha novela: Peter & Wendy. A longametraxe de animación da Disney Peter Pan acadou gran sona.

A novela Peter & Wendy foi traducida ao galego por Alberto Avendaño co título de Peter Pan, publicada por Editorial Galaxia en 1989. Véxase tamén

Outros artigos Peter Pan (filme de 1953) Peter Pan (filme de 2003) Peter Pan Must Die (novela de John Verdon)

Categoría:Personaxes de ficción Categoría:Personaxes de Disney