O píloro ou parte pilórica, e a porción do estómago que conecta co duodeno. O píloro considérase dividido en dúas partes: antro pilórico (que se abre ao corpo do estómago) e canle pilórica (que se abre ao duodeno). A canle pilórica acaba no orificio pilórico, que marca a unión entre o estómago e o duodeno. O orificio está rodeado por un esfínter, unha banda muscular, chamada esfínter pilórico.
A palabra píloro vén do grego πυλωρός, pylorós, a través do latín pylorus. En grego a palabra significa 'porteiro', relacionado con 'porta, cancela' (pyle) e está lingüisticamente relacionada coa palabra pilono.
Estrutura
miniatura|Diagrama de cancer.gov:* 1. Corpo do estómago* 2. Fondo (fundus)* 3. Parede anterior* 4. Curvatura maior* 5. Curvatura menor* 6. Cardia* 9. Esfínter pilórico* 10. Antro pilórico* 11. Canle pilórica* 12. Incisura angular* 13. Canle gástrica* 14. Rugas.
O píloro é a parte máis distal do estómago que conecta co duodeno. Está dividido en dúas partes: antro, que conecta co corpo do estómago, e canle pilórica, que conecta co duodeno.
Antro O antro pilórico é a porción inicial do píloro. Está preto da parte final do estómago, proximal ao esfinter pilórico, que separa o estómago do duodeno. Pode quedar temporalmente incomunicado de forma parcial ou total co resto do estómago durante a dixestión debido á contracción peristáltica do esfínter prepilórico; está ás veces delimitado por unha lixeira amosega que o separa da canle pilórica .
Canle
A canle pilórica é a canle que conduce á abertura entre o estómago e o duodeno.University of Illinois Medical Center:Health Library O grosor das súas paredes é duns 3 milímetros en bebés de menos de 30 días, e de ata 8 mm en adultos.
Esfínter O esfínter (ou válvula) pilórico é un forte anel de músculo liso situado ao final da canle pilórica que deixa pasar a comida do estómago ao duodeno cando está relaxado. Controla o fluxo do contido gástrico ao duodeno. Recibe innervación do sistema nervioso simpático desde o ganglio celíaco.
Histoloxía miniatura|Sección transversal microscópica do píloro.
Visto ao microscopio, o píloro contén numerosas glándulas, como os foveolas gástricas, que constitúen a metade da profundidade da mucosa pilórica. Constan de dous ou tres curtos tubos de fondo pechado que se abren nun conduto común. Os tubos son ondulados e son da metade da lonxitude do conduto. O conduto está tapizado de células columnares, que se continúan co epitelio que tapiza a superficie da membran muscosa estomacal. Os tubos son máis curtos e con máis células cúbicas, que son finamente granulares. As glándulas conteñen células mucosas e células G que segregan gastrina.Cardiac, fundus and pyloric regions of the stomach, Pyloric region. dispoñible en: http://histology.leeds.ac.uk/digestive/cardiac_pyloric.php (consultado o 16 de abril de 2017)
O píloro tamén contén células parietais dispersas e células neuroendócrinas. Entre estas células de función endócrina están as células D, que liberan somatostatina, responsable de cortar a secreción de ácidos. (Hai unha segundo poboación sensible a hormonas preto do fondo ou fundus.) No píloro localízanse células musculares lisas de contracción involuntaria.
Función O píloro é un compoñente do sistema gastrointestinal. Os alimentos procedentes do estómago, parcialmente dixeridos e transformados en quimo, pasan polo píloro ao duodeno. O píloro, por medio do esfínter pilórico, regula a entrada de comida no duodeno.
Importancia clínica En condicións como o cancro de estómago, os tumores poden bloquear parcialmente a canle pilórica. Pode implantarse cirurxicamente un tubo especial para conectar o estómago co duodeno para así facilitar o paso da comida dun ao outro. A operación cirúrxica para colocar o tubo denomínase gastroduodenostomía.
Estenose
Fálase de estenose pilórica cando o píloro é estreito. Isto débese a unha hipertrofia conxénita do esfínter pilórico. O lume do píloro é máis estreito e pode pasar menos comida a través del. Este problema detéctase a miúdo nas primeiras semanas de vida. Cando está presente, o neonato pode vomitar despois de comer, pero despois de vomitar segue famento. A estenose pilórica pode tratarse coa inserción dun stent, ou polo corte cirúrxico do esfínter pilórico (piloromiotomía).
Outros Tumores pilóricos Adenoma de glándula pilórica
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tracto gastrointestinal Estómago Duodeno Dixestión
Ligazóns externas "Pylorus", Stedman's Online Medical Dictionary en Lippincott Williams and Wilkins - "Cavidade abdominal: o estómago" - "Estómago, bazo e fígado: o píloro"
Categoría:Aparato dixestivo Categoría:Estómago