miniatura|dereita|Bernaldo de Claraval da escola de Xosé Ferreiro no mosteiro de San Martiño Pinario.

Bernard de Fontaine, nado en 1090, en Château de Fontaine-lès-Dijon (preto de Dijon) e finado o 20 de agosto de 1153 na abadía de Claraval (departamento da Aube, en Francia), foi un monxe cisterciense francés e reformista do monacato católico.

Foi abade de Claraval e fundou case 70 mosteiros por Europa, entre eles o de Sobrado dos Monxes. Apoiou ó Papa na cruzada contra os albixenses. Autor da teoría das dúas espadas. Foi canonizado pola igrexa católica no ano 1174 en san Bernaldo de Claraval (saint Bernard de Clairvaux).

Traxectoria Obras Completas de San Bernardo, introdución de Iñaki Aranguren, Madrid 2003. ISBN 978-84-7914-639-9

Inicios Foi o terceiro dos sete fillos dun cabaleiro do duque de Borgoña. Segundo o que el mesmo deixou escrito, parece que na súa primeira mocidade levou unha vida disipada:

Aos 23 anos, en 1113 entrou como novizo na orde do Císter, que ata entón tiña poucos seguidores por mor da súa dureza. Convenceu a 4 irmáns, un tío e varios amigos para que entraran con el. Máis tarde entraría o seu propio pai e o irmán máis novo. O ano 1113 é un punto de inflexión, xa que logo, na historia da orde cisterciense.

Reforma cisterciense miniatura|dereita|Bernaldo de Claraval. En 1115 fundaba o mosteiro de Claraval, sendo designado abade deste novo mosteiro, cargo que desempeñou ata a súa morte. A dureza da pobreza, xexún e austeridade obrigou a intervir ao bispo e Guillerme de Champeaux, que o obrigou a suavizar o réxime de vida. Durante os dez primeiros anos fundou os mosteiros de Tres Fontanas (1118), Fontanay (1119) e Foigny (1121). Xunto con Claraval "constituirían as catro abadías madre da futura e imparable expansión da renovada e extraordinariamente austera reforma cisterciense". A partir de aí a súa sona de conselleiro espiritual, predicador, místico, pacificador de conflitos e defensor dos pobres determinou a fundación de ata 68 mosteiros por toda Europa. O císter foi unha crítica aos excesos da Orde de Cluny:

Organizativamente a reforma caracterizábase pola autonomía financeira e a autonomía para a elección democrática do abade. A dependencia directa do Papa non excluía a posible intervención dos bispos. Arquitectonicamente se fuxía da opulencia e a ornamentación e se apostaba pola austeridade e a sobriedade. Escollíanse lugares afastados dos núcleos de poboación o que supuxo a colonización de lugares improdutivos.Franco Taboada, opus cit, pax. 17. Isto tiña moito que ver coa espiritualidade de Bernaldo de Claraval: .

Actividade

Bernaldo de Claraval viaxou a pé por Francia e Alemaña en cumprimento das diversas misións que asumiu, chegando a ser xa en vida unha figura venerada. Rexeitou todas as dignidades que lle foron propostas malia contar coa amizade de papas e reis Schauber/Schlinder. Diccionario ilustrado dos Santos. Munich, 1999; Barcelona, 2001, pax. 72. ISBN 84-253-3565-5

Redactou os estatutos da Orde do Temple para a protección dos peregrinos a Terra Santa e contribuíu ao seu recoñecemento no Concilio de Troyes en 1128. Para os templarios escribiu:

Mantivo controversias fronte ao que consideraba un frío racionalismo por parte de filósofos como Pedro Abelardo.

As súas teses triunfaron no Concilio de Sens (1140). Predicou aos Cátaros no Languedoc onde foi aldraxado(1145). O rebino de Bonn, Ephraim, agradeceríalle á súa defensa dos xudeus fronte o antisemitismo.

A súa mediación evitou a guerra entre o bispo de Metz e o duque de Lorena en 1153.

Relacións co Papado

No momento en que apareceron dous Papas en Occidente, Anacleto II e Inocencio II, Bernaldo de Claraval emprendeu unha campaña de apoio ao segundo o que foi determinante para que este concitara a maioría das adhesións no concilio de Étampes de 1130.

A súa obra de consideratione, foi unha guía sobre a concepción do Papado, nela Bernaldo de Claraval advírtelle ao Papa:

Por orde do Papa Uxío III, que fora discípulo seu, predicou a segunda Cruzada. O seu fracaso afectoulle fondamente.

Pensamento miniatura|dereita|Pintura de Francisco Ribalta Cristo abrazado a san Bernaldo na que se reproduce o tema amplexus Bernardi.

Reformador eclesiástico Bernaldo de Claraval tivo como principal cometido a renovación da vida monástica:

Ás autoridades eclesiásticas recomendaba:

Crítico social

Dentro do contexto medieval, Bernaldo de Claraval fai unha crítica social á xerarquía eclesiástica defendendo aos oprimidos pola sociedade feudalGonzález Faus, Los pobres, antología de textos de teología e espiritualidad cristiana,Barcelona, 2005. pax. 94. ISBN 84-9730-110-2.:

Por estas críticas houbo bispos que o intentaron silenciar:

Esa crítica social trasládase tamén ao Papa Uxío III:

Misticismo especulativo

Marcou tamén o misticismo medieval. O amor pode obrar unha unión perfecta nunha distinción radical de seres "do mesmo xeito que o aire inundado pola luz do sol semella transformarse nesta mesma claridade luminosa, ata o punto que a consideramos, non xa iluminada, senón luz" . Esta unión entre o home e Deus e entre os homes entre si ten en Bernaldo de Claraval as características paradoxais do misticismo. O amor é desinteresado e encontra en si mesmo a recompensa, aínda que Deus recompensa o amor; pero, posto que o amor exclúe intención de recompensa, é contraditorio amar a Deus buscando recompensa e amalo sen ser recompensado. No Tratado do Amor de Deus escribe:

Foi, así mesmo, un conselleiro espiritual afastado do moralismo, así nas Homilías sobre o Cantar dos Cantares LXXXIII:

Filosoficamente entende que a razón ten uns límites que non poden coutar existencialmente ao home, aínda que non se poidan responder a todas as preguntas de xeito argumentativo:

Para Bernaldo de Claraval, case sempre as discusións dos filósofos son locuacidade chea de vento (Sermones in cantica) e opta por un cristocentrismo existencial cuxo punto de partida á a humildade mediante a cal se chega ao reino da xustiza e se acada a verdade (De gradibus humiliatis et superbiae)Santidrián, Diccionario breve de pensadores cristianos. Estella, 1999 pax. 67. ISBN 84-7151-724-8. Para Bernaldo de Claraval a humildade pode definirse como aquela virtude pola que o home se coñece exactamente tal cal é, deste xeito chega ao primeiro grao da verdade que é o recoñecemento da propia miseria. Deste primeiro grao pásase ao segundo: o amor, porque recoñecendo a propia miseria se acepta á do próximo e se acada a compaixón. E deste segundo grao se chega ao terceiro que consiste en arelar a xustiza de xeito que se purifica o corazón para contemplar e gozar dos dons divinos.Gilson, Etienne, La Filosofía en la Edad Media. Madrid, 2007 pax. 289 ISBN 978-84-249-2861-2

Isto máis que un proceso intelectivo é unha actitude vitalJaume Gabarró, San Bernardo, monje y reformador, Barcelona, 1999. ISBN 84-7467-591-X

Iconografía Habitualmente é representado cun báculo de abade e vestido cun amplo hábito branco, ambas referentes ao Císter. Outros atributos asociados son un libro, como lembranza dos seus escritos, e unha ou varias mitras no chan, aludindo aos bispados por el rexeitados. Varias pasaxes da haxiografía de Bernaldo de Claraval foron temas iconográficos tradicionais, estes son: a Lactatio Bernardi, o amplexus Bernard e o sono de Nadal.

Lactatio Bernardi miniatura|San Bernaldo e a Virxe. (1645-1652) Obra de Alonso Cano co motivo da Lactatio Bernardi ou premio de leite a Bernaldo.O premio lácteo ou, en latín, lactatio Bernardi, é un motivo que recrea o relato de cando o novo Bernaldo de Claraval foi elixido polo abade de Citeux para predicar ante o bispo de Chalon. Temeroso de defraudar na tarefa, rezou ante unha escultura da Virxe María co neno da Colexiata de Saint Vorles en Châtillon sur Seine. Cando Bernaldo estaba rezando o Ave María Stella e pronunciou a frase "monstra te essem matrem" (amósate como nai), a Virxe apartou o neno do peito e deixou caer na boca de Bernaldo de Claraval unhas gotas do leite como premio pola dozura con que escribira dela. Deste xeito, segundo a tradición, gañou a elocuencia e, por iso, é coñecido como doctor mellifluus. Como motivo artístico, aparece documentado dende o século XIII, e adoitase presentar a un Bernando orante de xeonllos, ante unha Virxe co neno, saíndo dun seo un abundante chorro de leite ata a boca do santo. Este tema foi particularmente prezado nos mosterios do Císter e, posteriormente, na sociedade española do Barroco como mostran as versións pictóricas de Murillo e Alonso Cano.

Amplexus Bernardi Outro tema artístico asociado con Bernaldo de Claraval é o amplexus Bernardi. Recollido no Flos sanctorum e noutros relatos medievais, trátase dun suceso no que Bernaldo de Claraval tivo unha visión na que Xesús de Nazaret se descravaba da cruz para que ambos os dous se apertaran. Esta representación foi típica de gravados alemáns dos séculos XV e XVI, e foi retratada por Francisco Ribalta nun cadro para a Cartuxa de Portaceli (Valencia).

O sono de Nadal Ademais, nos programas decorativos da tradición cisterciense tamén foi empregado o sono de Nadal. Segundo as súas haxiografías, Bernaldo de Claraval estaba nas matinas de Noiteboa preguntándose pola hora do nacemento de Xesús, cando, medio durmido, tivo unha visión do neno Xesús. Este tema é menos difundido que os anteriores mais foi empregado polos mosteiros galegos do Císter na Idade Moderna. Así, en Santa María de Oseira está presente nas pinturas do brazo sur da bóveda do cruceiro e, como relevo, na fachada. No Mosteiro de Monfero é representado no retablo maior da igrexa, tallado a finais do século XVII.

Significación Mediante a difusión da Orde do Císter, Bernando de Claraval, inzou Europa de mosteiros: en 1151 existían 350 abadías adheridas á reforma cisterciense. Canda os mosterios, espallouse a arquitectura cisterciense da que existen boas mostras en Galicia (mosteiros de Melón, San Clodio, Armenteira, Oseira, Meira...). Os mosteiros cistercienses foron axentes económicos fundamentais na Idade Media, e así Galicia "sentirá o seu influxo benfeitor na colonización de lugares improdutivos e inhabitados, na planificación do labor agrícola, na promoción de servos a colonos de numerosos traballadores en granxas creadas polos mosteiros".Torres Queiruga, en Los gallegos, Madrid, 1976, pax. 488 Tamén xogaron un papel fundamental na expansión agraria en Austria e Alemaña desbrando bosques, ou en Flandres e a zona de París gañando terreos en humedais.

Foi canonizado en 1174 por Alexandre III e declarado doutor da Igrexa en 1830. A súa festa celébrase o 20 de agosto.

É patrón de Xibraltar, Borgoña, Liguria e Xénova, das abellas, os cereiros e os apicultores (por mor do sobrenome de doctor mellifluus).Schauber/Schlinder. Diccionario ilustrado de los santos. Munich, 1999; Barcelona, 2001 pax. 72 ISBN 84-253-3565-5 Obras Liber de gradibus humilitatis et superbiae Apologia ad Guillelmum abbatem Liber de diligendo Deo Ad clericos de conversione Liber de gratia et libero arbitrio Liber ad milites templi de laude novae militiae De consideratione ad Eugenium Papam Liber de praecepto et dispensatione Vita sancti Malachiae episcopi Ad Henricum senonensem archiepiscopum De baptismo (ad magistrum hugonem de Sancto Victore) Ad Innocentium Papam (Erros de Pedro Abelardo) In laudibus Virginis Matris Officium de Sancto Victore Sermones cantica canticorum

Notas

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Doutores da Igrexa Categoría:Nados en 1090 Categoría:Finados en 1153 Categoría:Cistercienses Categoría:Místicos Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Nados no departamento de Côte-d'Or