A Estación de Bakú () é a principal estación de ferrocarril da cidade de Bakú, a capital de Azerbaidján. É a estación de ferrocarril máis grande e transitada do país. Dela parten a maioría de liñas férreas que vertebran o país. Tamén é a terminal do ferrocarril suburbano circular de Bakú. A terminal está conectada coa rede de metro de Bakú a través da estación de 28 de Maio.
A estación foi construída en 1880 coa construción da liña ferroviaria Bakú-Sabunçu-Surakhani e estaba destinada ao transporte de pasaxeiros.«Стальной магистрали Азербайджана 100 лет» З. А. Зейналов, Баку, 1980 O primeiro edificio da estación (chamado Tbilisi) foi construído na inauguración do ferrocarril Bakú-Tbilisi, o segundo (Sabunçu) para a construción do ferrocarril electrificado Bakú-Sabunçu-Surakhani.Железнодорожные станции СССР. Справочник. — М.: Транспорт, 1981
Servizos N.º de tren Percorrido N.º de tren Percorrido 37 Bakú — Tbilisi 38 Tbilisi — Bakú 55 Bakú — Moscova 56 Moscova — Bakú 95 Bakú — Moscova 96 Moscova — Bakú 369 Bakú — Khárkiv 370 Khárkiv — Bakú 373 Bakú — Tyumen 374 Tyumen — Bakú 391 Bakú — Rostov 392 Rostov — Bakú
Notas
Véxase tamén
Bakú Categoría:Edificacións de Bakú