O rock progresivo (tamén coñecido como prog rock ou prog) é un amplo subxénero do rock que naceu no Reino Unido e nos Estados Unidos a mediados dos anos 60 e tivo o seu máximo esplendor na década dos 70, aínda que hoxe en día continúa sendo un xénero moi popular. É comunmente asociado ao rock sinfónico e ao art rock, aínda que o termo rock progresivo actualmente abarca un espectro de música moito maior que eses dous xéneros.

O rock progresivo acostuma combinar elementos do jazz, da música clásica, do folk e das músicas do mundo con formatos típicos do rock, a miúdo rexeitando determinadas normas do xénero, e usando porén estruturas musicais e ideas relativamente raras. As partes instrumentais adoitan ser comúns, mentres que as cancións con letra tenden a ser conceptuais, abstractas ou baseadas na fantasía.

O xénero desenvolveuse a finais dos anos 60 a partir do rock psicodélico, como parte dunha ampla tendencia na música rock desa época de inspirarse en cada vez máis diversas influencias. O termo foi inicialmente aplicado á música de bandas como Pink Floyd, King Crimson, Yes, Genesis, Jethro Tull, Soft Machine e Emerson, Lake & Palmer, acadando a súa máxima popularidade a mediados dos anos 70.

Definición e características

Alcance e termos relacionados O termo "rock progresivo" é sinónimo de "art rock", "rock clásico" (que non se debe confundir co formato do mesmo nome usado na radio), e "rock sinfónico".Covach 1997, p. 5 Historicamente, "art rock" foi usado para describir polo menos dous tipos de rock relacionados aínda que distintos.Bannister 2007, p. 37 O primeiro é o rock progresivo como se entende xeralmente, mentres que o segundo uso refírese a grupos que rexeitaron a psicodelia e a contracultura hippy en favor dun enfoque modernista e vangardista. As semellanzas entre os dous termos son que ámbolos dous describen un intento, maiormente británico, de elevar a música rock a novos niveis de credibilidade artística. Porén, é máis probable que o art rock teña influencias experimentais ou vangardistas. O "Prog" ideouse na década dos 90Robinson 2017, p. 223 como un termo abreviado, pero despois converteuse nun adxectivo transferible, o que tamén suxire unha paleta máis ampla que a das bandas máis populares da década dos 70.Hegarty & Halliwell 2011, p. 9

O rock progresivo é variado e está baseado en fusións de estilos, enfoques, e xéneros, aproveitando resonancias culturais máis amplas que o conectan coa arte de vangarda, a música clásica e o folk, a performance e a imaxe en movemento. Aínda que a finais da década dos 60 xurdiu un estilo "progresivo" inglés unidireccional, en 1967 o rock progresivo chegara a constituír unha diversidade de códigos de estilo vagamente asociados.Cotner 2000, p. 90 Cando a etiqueta "progresiva" chegou, a música foi bautizada como "pop progresivo" antes de pasar a chamarse "rock progresivo",Moore 2004, p. 22 referíndose o termo "progresivo" á ampla gama de intentos de romper coa fórmula estándar da música pop.Haworth & Smith 1975, p. 126 Distintos factores adicionais axudaron á adquisición da etiqueta "progresivo": as letras eran máis poéticas; a tecnoloxía aproveitouse para novos sons; a música achegouse á condición de "arte"; importouse algo de linguaxe harmónica do jazz e a música clásica do século XIX; o formato de álbum superou aos dos sinxelos; e o estudio, en lugar do escenario, converteuse no centro da actividade musical, que a miúdo implicaba crear música para escoitar, non para bailar.Moore 2016, pp. 201-202

Os críticos do xénero adoitan limitar o seu alcance a un estereotipo de solos longos, letras de fantasía, escenarios grandiosos e disfraces, álbums demasiado extensos, e unha dedicación obsesiva ás habilidades técnicas.Hegarty & Halliwell 2011, p. 2 Aínda que o rock progresivo soe ser citado pola súa fusión de alta e baixa cultura, poucos artistas incorporaron temas clásicos literais no seu traballo en gran medida,Holm-Hudson 2013, pp. 16, 85-87 e só un feixe de grupos emularon ou fixeron referencia á música clásica a propósito. A escritora Emily Robinson di que a definición restrinxida de "rock progresivo" foi unha medida contra a aplicación flexible do termo a finais da década dos 60, cando "se aplicou a todos, dende Bob Dylan ata os Rolling Stones". O debate sobre o criterio do xénero continuou ata a década de 2010, particularmente nos foros de Internet dedicados ao progresivo.

Segundo os musicólogos Paul Hegarty e Martin Halliwell, Bill Martin e Edward Macan escribiron libros importantes sobre o rock progresivo mentres "aceptaban efectivamente a caracterización do rock progresivo ofrecida polos seus críticos. ... cada un faino en gran medida inconscientemente". O académico John S. Cotner cuestiona a opinión de Macan de que o rock progresivo non pode existir sen a asimilación continua e aberta da música clásica ao rock. O autor Kevin Holm-Hudson está de acordo con que "o rock progresivo é un estilo moito máis diverso do que se escoita nos seus grupos mainstream e do que dan a entender os críticos pouco comprensivos".Holm-Hudson 2013, p. 16

Relación coa arte e as teorías sociais Nas primeiras referencias á música, "progresivo" estaba parcialmente relacionado coas políticas progresistas, pero todas esas connotacións perdéronse durante os anos 70. Sobre a "música progresiva", Holm-Hudson escribe que "se move continuamente entre referencias explícitas e implícitas a xéneros e estratexias derivadas non só da música artística europea, senón tamén doutros dominios culturais (como o indio oriental, o celta, o folk e o africano) e polo tanto implica un continuo movemento estético entre o formalismo e o eclecticismo".Holm-Hudson 2013, pp. 85-87 Cotner tamén di que o rock progresivo incorpora tanto elementos formais como eclécticos, "consiste nunha combinación de factores, algúns deles intramusicais ('dentro'), outros extramusicais ou sociais ('fóra')".Cotner 2000, p. 91

Un xeito de definir o rock and roll en relación coa "música progresiva" é que a música progresiva empuxou o xénero cara unha maior complexidade ao tempo que volvía sobre as raíces da música romántica e clásica.Willis 2014, pp. 204, 219 O sociólogo Paul Willis cre: "Nunca debemos dubidar de que a música 'progresiva' seguiu ao rock 'n' roll, e que non podía ser doutro xeito. Podemos ver o rock 'n' roll como unha deconstrución e a música 'progresiva' como unha reconstrución".Willis 2014, p. 219 O autor Will Romano di que "o propio rock pode ser interpretado como unha idea progresiva ... Ironicamente, e tamén bastante paradoxalmente, o 'rock progresivo', a era clásica de finais da década de 1960 ata mediados e finais da década de 1970, introduce non só os sons explosivos e exploratorios da tecnoloxía ... senón tamén formas musicais tradicionais (clásica e folk europeo) e (a miúdo) un estilo compositivo de pastiche e construcións artificiais (álbums conceptuais) que suxire posmodernismo".Romano 2010, p. 24

Historia

1966-1970: orixes

Antecedentes e raíces miniatura|251x251px|Os Beatles nos Estados Unidos en 1964 En 1966, o nivel de correspondencia social e artística entre músicos de rock británicos e estadounidenses acelerouse drasticamente para bandas como Beatles, The Beach Boys e The Byrds, que fusionaron elementos da música culta coas tradicións vernáculas do rock.Holm-Hudson 2013, p. 85 O rock progresivo baseouse nos grupos de pop "progresivo" da década dos 60 que combinaron o rock and roll con outros estilos musicais como ragas indios, melodías orientais e cantos gregorianos, como os Beatles e The Yardbirds.Prown & Newquist 1997, p. 78 Paul McCartney dos Beattles dixo en 1967: "nós [a banda] aburríamonos un pouco facendo 12 compases todo o tempo, así que tratamos de entrar noutra cousa. Entón chegaron Dylan, The Who, e The Beach Boys. ... Todos estamos tratando de facer vagamente o mesmo tipo de cousa".Philo 2014, p. 119 A música rock comezou a tomarse seriamente a si mesma, en paralelo aos intentos anteriores no jazz (cando o swing deu paso ao bop, un movemento que non tivo éxito co público). Neste período, a canción popular comezou a sinalar un novo medio de expresión posible que ía máis aló da canción de amor de tres minutos, o que levou a unha intersección entre o "underground" e o "establishment" para o público.Moore 2016, p. 201

Hegarty e Halliwell identifican aos Beatles, The Beach Boys, The Doors, The Pretty Things, The Zombies, The Byrds, Grateful Dead e Pink Floyd "non só como precursores do rock progresivo, senón como desenvolvementos esenciais do progresismo nos seus primeiros días".Hegarty & Halliwell 2011, p. 11 Segundo o musicólogo Walter Everett, os "timbres experimentais, os ritmos, as estruturas tonais e os textos poéticos" dos Beatles nos seus álbums Rubber Soul (1965) e Revolver (1966) "animaron a unha lexión de bandas novas que crearían o rock progresivo a principios dos 70".Everett 1999, p. 95 A poesía de Dylan, o álbum de The Mothers of Invention Freak Out! (1966) e o dos Beatles Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967) foron importantes no desenvolvemento do rock progresivo. As producións de Phil Spector foron influencias clave,Martin 1998, p. 47 xa que introduciron a posibilidade de usar o estudio de gravación para crear música que doutro xeito nunca podería lograrse.Tamm 1995, p. 29 Dise o mesmo do álbum de The Beach Boys Pet Sounds (1966), que Brian Wilson creou como unha resposta ao Rubber Soul e que á súa vez influencio ao Beatles cando fixeron o Sgt. Pepper.Martin 1998, p. 53Cotner 2001, p. 30

Dylan introduciu un elemento literario no rock a través da súa fascinación polo surrealismo e o simbolismo francés, e da súa inmersión na escena artística da cidade de Nova York de principios dos 60.Curtis 1987, p. 156-7 A tendencia de bandas con nomes sacados da literatura, como The Doors, Steppenwolf e The Ides of March, foron un sinal máis de que a música rock se aliñaba coa alta cultura.Curtis 1987, p. 179 Dylan tamén abriu o camiño na combinación de rock con estilos de música folclórica. Este foi seguido por grupos de folk rock como The Byrds, que baseou o seu son inicial no dos Beatles. Á súa vez, as harmonías vocais de The Byrds inspiraron ás de Yes,Martin 1996, p. 4 e as de bandas de folk rock británicas como Fairport Convention, que destacaron o virtuosismo instrumental.Hegarty & Halliwell 2011, pp. 54-55 Algún deses artistas, como The Incredible String Band e Shirley e Dolly Collins, resultarían influentes a través do uso de instrumentos tomados da música mundial e da música antiga.Sweers 2004, p. 72,204

Pet Sounds e Sgt. Pepper miniatura|The Beach Boys en 1964 Pet Sounds e Sgt. Pepper, coa súa unidade lírica, estrutura estendida, complexidade, eclecticismo, experimentación, e influencias derivadas de formas musicais clásicas, son amplamente vistos como os inicios do xénero do rock progresivoMacan 1997, p. 15,20Martin 1998, pp. 39-40 e como puntos de inflexión nos que o rock, que anteriormente fora considerado música de baile, converteuse en música que estaba feita para ser escoitada.Covach 1997, p. 3Martin 1998, p. 39 Entre Pet Sounds e Sgt. Pepper, The Beach Boys editaron o sinxelo "Good Vibrations" (1966), bautizado como "unha sinfonía de peto" por Derek Taylor, opublicista da banda. A canción contiña unha variedade ecléctica de instrumentos exóticos e varias claves disxuntivas e cambios de modos. Scott Interrante de Popmatters escribiu que a súa influencia no rock progresivo e no movemento psicodélico "non se pode esaxerar". O filósofo e escritor Bill Martin comparou a canción con "A Day in the Life" do Sgt. Pepper dos Beatles, no sentido de que amosan "as mesmas razóns polas que é difícil bailar moito rock progresivo".Martin 1998, p. 40