Nicolas Theodore Gobley, nado o 11 de maio de 1811 en París e finado o 1 de setembro de 1876 en Banhèras de Luishon, foi un farmacéutico e químico francés relacionado co estudo dos fosfolípidos. Un dos seus maiores logros científicos é o descubrimento no período 1846/1847 da lecitina (fosfatidilcolina). miniatura|Vanilina.

Gobley estudou farmacia en París e máis tarde traballou co químico francés Pierre Jean Robiquet e xuntos estudaron a estrutura dos alcaloides cafeína e codeína. Traballou como auxiliar médico e no período de 1837 a 1861 mantivo aberta unha farmacia en París. Durante o período de 1842 a 1847 traballou como profesor na Escola de Farmacia e ingresou na Academia de Medicina en 1861.

Foi un dos primeiros científicos en illar e estudar as propiedades da vanilina, un dos compoñentes aromáticos da vainilla, en 1858. No período que vai de 1846 a 1847 illou e estudou a lecitina (fosfatidilcolina), chamouna así porque extraíaa da xema do ovo, que en grego é lekithos. Nos anos seguintes realizou unha ampla investigación sobre os fosfolípidos relacionados con substancias do corpo humano.

Obras

Notas

Categoría:Nados en 1811 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1876 Categoría:Químicos de Francia