Orbital Debris Radar Calibration Sphere ou ODERACS foi o nome dunha serie de satélites pasivos de diferentes tamaños para calibración de radar.

Características Os satélites ODERACS foron liberados en diferentes misións do transbordador espacial Discovery. Tratábase de pequenas esferas de entre 10 e 15 cm de diámetro soltadas en órbita baixa coa finalidade de servir de calibración para os radares de detección de lixo espacial.

Foron tres as misións nas que se liberaron satélites ODERACS:

STS-53, o 2 de decembro de 1992. STS-60, o 3 de febreiro de 1994, liberando ODERACS A a F. STS-63, o 3 de febreiro de 1995, liberando ODERACS 2A a 2F.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Transbordador espacial Discovery

Categoría:Satélites artificiais