Pablo Vázquez Pérez, nado en Gandia o 7 de outubro de 1994, é un futbolista español, que xoga de defensa central no Sporting de Gijón, da Segunda División. Pode ocupar tamén a posición de centrocampista defensivo.
Traxectoria Nado en Gandia, formouse como futbolista nas canteiras de tres clubs valencianos: Tavernes, Crack's e Huracán. En 2013 debutou na Tercera División, nas filas do CD Llosa, e en xuño de 2014 fichou polo Ontinyent CF, da mesma categoría, onde se fixo inmediatamente coa titularidade.
Na tempada 2015/16 xogou no San Fernando, antes de fichar en 2016 polo Córdoba B. Co filial verde xogou un total de 34 partidos na Segunda División B, marcando 4 goles. O 12 de outubro de 2016 debutou co primeiro equipo do Córdoba, nun partido da Copa do Rei ante o Cádiz que rematou con vitoria cordobesa por 2-1.
En xullo do ano seguinte fichou por un novo filial: o Granada B. Despois de seis meses no club e de disputar 20 partidos, todos completos, o seu bo rendemento valeulle ser cedido no mercado invernal a un equipo da Segunda División: o Alcorcón. Debutou na categoría de prata na 23ª xornada, contra o Cádiz, substituíndo na segunda parte ao galego Jonathan Pereira. Con todo, só disputou catro partidos máis co club de Alcorcón.
A continuación regresou a Andalucía, onde asinou un novo contrato, xa con ficha do primeiro equipo do Granada. Con todo, non chegou a xogar ningún partido de liga co equipo nazarí, disputando só un partido de Copa do Rei ante o Elche no que marcou un gol. Ante a falta de minutos, para a segunda parte da tempada saíu cedido á Cultural Leonesa, de Segunda B, onde foi titular en todas as restantes xornadas.
Trala fin da súa cesión rescindiu o seu contrato co Granada e fichou polo Badajoz. Militou dúas campañas no equipo estremeño, xogando un total de 52 partidos, nos que marcou 8 goles, e disputou dúas veces a fase de ascenso a Segunda. En xuño de 2021 asinou como novo xogador do FC Cartagena, co que xogou durante dous anos na Segunda División, contabilizando un total de 57 partidos e 4 goles.
No verán de 2023 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF. Axiña se converteu no líder da defensa, formando parella de centrais habitualmente co francés Pablo Martinez, e contribuíu tamén ofensivamente, sumando cinco goles. Disputou un total de 40 partidos, todos agás un de titular, sendo así un dos alicerces do equipo que se proclamou campión da categoría, ascendendo á Segunda División.
No seu regreso a Segunda completou a mellor tempada da súa carreira deportiva, sendo titular indiscutible tanto para Imanol Idiakez como para o seu substituto no banco, Óscar Gilsanz. Disputou completos os primeiros 41 partidos de liga, quedando fóra do once inicial só na derradeira xornada, debido a uns problemas musculares. Con todo, foi o xogador de campo con máis minutos disputados de toda a categoría, con 3.705.
A pesar dos seus números e de ser considerado o alicerce defensivo do equipo nos dous anos anteriores, o director deportivo Fernando Soriano definiu a súa tempada como "discreta", e o club non lle ofreceu a renovación. Finalmente foi traspasado en xullo de 2025 ao Sporting de Gijón, da mesma categoría.
Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaPromociónOutrosInclúe partidos da Final de Campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesLlosa2013/14Terceira171 - - - - - -171Ontinyent2014/15Terceira371--2 0 - -391San Fernando2015/16Terceira374--60 - -434Córdoba B2016/17Segunda B 34 4 - -- - - - 344Córdoba2016/17Segunda 0 0 1 0- - - - 10Granada B2017/18Segunda B 20 3 - - -- - - 203Alcorcón2017/18Segunda 5 0 0 0 -- - - 50Granada2018/19Segunda0011 - - - -11Cultural Leonesa2018/19Segunda B17200 - - - -172Badajoz2019/20Segunda B2024221 - -2652020/21Segunda B2331020 - -263Total club435524100528FC Cartagena2021/22Segunda33230 - - - -3622022/23Segunda18131 - - - -212Total club513610000574Deportivo da Coruña2023/241ª Federación36421 - -204052024/25Segunda42200 - - - -422Total club 78 6 2 1 002 0 827Total carreira 339 29 15 5 1212 0 36835
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Gandia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Ontinyent CF Categoría:Xogadores do San Fernando CD Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón