AccuWeather é unha empresa estadounidense que ofrece servizos comerciais de predición do tempo en todo o mundo. Os provedores de análise web de terceiros Alexa e SimilarWeb clasificaron o sitio como o sitio web número 200 máis visitado dos Estados Unidos, en novembro de 2015.

Historia Foi fundada en 1962 por Joel N. Myers, un estudante da Universidade Estatal de Pensilvania, quen, naquel momento, estaba a traballar nunha licenciatura en meteoroloxía. O seu primeiro cliente foi unha compañía de gas en Pensilvania. Mentres dirixía a súa empresa, Myers converteuse en membro da Facultade de Meteoroloxía da súa universidade. A compañía adoptou o nome de AccuWeather en 1971.

Estrutura da empresa AccuWeather ten a súa sede en State College, Pensilvania, pero tamén ten oficinas no Severe Weather Center en Wichita, Kansas, pero tamén ten oficinas no World Trade Center 7 en Nova York, Pequín, Dublín, Montreal, Bombai, Oklahoma City, Seúl e Tokyo. En 2006, AccuWeather adquiriu WeatherData, Inc. de Wichita, Kansas.

AccuWeather baséase en diversas fontes para as súas previsións, incluíndo datos do Servizo Meteorolóxico Nacional dos Estados Unidos, organizacións internacionais, a Axencia de Protección Ambiental e forzas armadas, ademais dos seus propios modelos exclusivos. En 2020, a empresa solicitou entre 5 e 10 millóns de dólares en axudas por causa da pandemia de COVID-19 para manter a 462 empregados. En 2021, tiñan case 500 empregados, con máis de 100 sendo meteorólogos operativos.

Controversias En abril de 2012, AccuWeather limitou de maneira drástica a accesibilidade dos seus datos históricos públicos, pasando de 15 anos a só 1 ano. AccuWeather ampliou progresivamente o rango das súas previsións de 15 días a 90 días. Varias avaliacións concluíron que estas previsións hiperestendidas son, con frecuencia, enganosas e inexactas e os seus prognósticos mostráronse menos precisos que as baseadas nas medias do Servizo Meteorolóxico Nacional durante 30 anos. O consenso científico sostén que o límite fiábel para predicións meteorolóxicas está entre 1 e 2 semanas, dadas as limitacións dos sistemas de observación e a natureza caótica da atmosfera.

A empresa foi criticada tamén por limitar avisos de eventos extremos como furacáns a usuarios premium, aínda que os datos meteorolóxicos son recollidos polo goberno e están dispoñíbeis gratuitamente no dominio público.

En 2005, o senador Rick Santorum propuxo unha lexislación que limitaría o acceso público á información do Servizo Meteorolóxico Nacional, beneficiando potencialmente a empresas como AccuWeather. Aínda que non prosperou, Santorum recibira contribucións do presidente de AccuWeather. En 2017, Donald Trump nomeou ao CEO de AccuWeather, Barry Myers, para dirixir a National Oceanic and Atmospheric Administration (NOAA). Myers, sen formación científica avanzada, renunciou a AccuWeather en 2019 e, posteriormente, renunciou ao seu nomeamento para a NOAA entre acusacións dun "ambiente laboral inapropiado".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sítio oficial

Categoría:Cadeas de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Meteoroloxía