A rapaza do tren (en ) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Tate Taylor e escrito por Erin Cressida Wilson. Baséase na novela homónima da autora Paula Hawkins. Está protagonizado por Emily Blunt, Rebecca Ferguson, Haley Bennett, Justin Theroux, Luke Evans, Allison Janney, Édgar Ramírez e Lisa Kudrow. O filme conta a historia dunha divorciada alcohólica que se ve implicada nunha investigación sobre unha persoa desaparecida.

A rodaxe principal comezou o 4 de novembro de 2015 na cidade de Nova York. Foi producido por Marc Platt e DreamWorks Pictures, e A rapaza do tren foi o primeiro filme distribuído por Universal Pictures como parte do novo actodo de distribución con DreamWorks a través da compañía Amblin Partners.

Estreouse en galego o 24 de agosto de 2023 a través da TVG. Foi traducido por Adrián Ramos e a directora de dobraxe foi Charo Pena.

Personaxes Emily Blunt como Rachel Watson Rebecca Ferguson como Anna Watson Haley Bennett como Megan Hipwell Justin Theroux como Tom Watson Luke Evans como Scott Hipwell Allison Janney como DS. Riley Édgar Ramírez como Dr. Kamal Abdic Lisa Kudrow como Martha Laura Prepon como Cathy Darren Goldstein como "Man in the Suit"

Notas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tate Taylor Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Nordisk Film Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego