A Cupido alcetas é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae.https://www.asociacion-zerynthia.org/images/MDA/2020/MDA20.pdf

Etimoloxía O nome específico alcetas refírese a Ἄλκηστις (Alcestis), princesa da mitoloxía grega, filla de Pelias, rei de Iolco.

Distribución Foi descrita en Austria por Johann Centurius Hoffmannsegg en 1804, pero a súa distribución é máis ampla, xa que habita zonas do sur de Europa, Turquía, Urais e sur de Siberia até Kazakhstán.Львовский А.Л., Моргун Д.В. 2007. Булавоусые чешуекрылые Восточной Европы. Москва: КМК. . p. 230Tolman, Tom & Richard Lewington. 1997. Butterflies of Britain and Europe. Field Guide. Londres: Collins. . En España, pode atoparse en Cataluña, Aragón, Navarra, Galicia e León.

Hábitat A Cupido alcetas vive en pastos floridos, zonas de matogueira e áreas húmidas, e en claros de bosque, nun rango de altitude entre os 50 e os 1200 m.

Descrición Cupido alcetas presenta unha envergadura de 26-32 mm. O anverso das ás é azul ou añil nos machos, pero pardo nas femias, como sucede con outros licénidos. O bordo alar é negro cunha franxa branca. O reverso das ás é dun gris pálido, cunha serie de puntos negros rodeados de azul claro. En ocasións hai unha única mancha laranxa que non alcanza o punto negro marxinal. Xunto ao ángulo caudal frecuentemente hai unha cola moi pequena e estreita.Eurobutterflies.com É similar a especies como Everes argiades e Celastrina argiolus.

Bioloxía Os adultos voan entre maio e setembro.Simon Coombes Captain's European Butterfly Guide Dependendo da súa localización, a especie pode xerar dúas ou tres xeracións anuais (en maio–xuño, xullo–agosto e en rexións cálidas tamén a finais de setembro).Львовский А.Л., Моргун Д.В. 2007. Булавоусые чешуекрылые Восточной Европы. Москва: КМК. . p. 230Tolman, Tom & Richard Lewington. 1997. Butterflies of Britain and Europe. Field Guide. Londres: Collins. . As larvas aliméntanse de follas e inflorescencias de varias leguminosas, como Coronilla varia, Galega officinalis, Trifolium spp., Vicia spp., Medicago lupulina e Securigera varia.Pieris.ch As larvas son mirmecófilas e desenvólvense xunto a formigas do xénero Formica.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cupido alcetas na páxina web do lepidopterista Markku Savela Paolo Mazzei, Daniel Morel, Raniero Panfili Moths and Butterflies of Europe and North Africa Lepiforum.de

Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1804