Balaídos, eclesiasticamente Santa Marta de Balaídos ou Santa Marta de Vigo, é unha parroquia eclesiástica e un barrio urbano da cidade e concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Pertence ao arciprestado de Vigo-Fragoso. Atópase en terreos da parroquia de Coia.
Historia En 1928 inaugurouse o Estadio Municipal de Balaídos, e tempo despois empezou a urbanizarse a zona, pertencente á vella parroquia de Coia. Debido á crecente poboación do lugar, en 1994 independízase como parroquia eclesiástica.
A pesar de ser un nome de uso cotián, non se encontra reflectido no Nomenclátor de Galicia.
Toponimia miniatura|426x426px|Santa Marta de Balaídos, co número 29, neste mapa da división en parroquias eclesiásticas do concello de Vigo. O topónimo Prado d'Avelayde testemúñase xa dende o século XVI. Seguramente proveña de *ABELLANETUM 'bosque de abeleiras', con aférese.
Lugares e parroquias
Lugares de Coia
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Lugares de Vigo Categoría:Lugares ausentes no Nomenclátor de Galicia Categoría:Parroquias eclesiásticas de Galicia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía