Casaquistania, Kazhakhstania, terreos casacos, bloque de Casaquistán ou bloque de Kazakhstán é unha rexión xeolóxica de Asia central que comprende a área centrada no lago Balkhash, norte e leste do mar de Aral, sur do cratón siberiano e oeste dos Montes Altai. A cunca de Junggar en Xinjiang, China, tamén formaba parte de Casaquistania, aínda que ás veces se denomina bloque de Junggar. Como os terreos casacos se orixinaron durante o Ordovícico tardio como parte do cinto oroxénico de Asia central tamén se denominan oróxeno casaco. Estes terreos xeolóxicos están localizados no que hoxe é Kazakhstán, o nordés de Uzbekistán, o norte de Kirguizistán e o noroeste da China. Hoxe Casaquistania está rodeada de tres grandes continentes antigos: no noroeste a zona de cizalla de Gornostaev sepáraa do cratón de Siberia co cal chocou durante o Carbonífero; ao noroeste están as terras do que foi Báltica, que se sitúa a carón do terreo xeolóxico casaco do val de Turgai, pero lonxe de Casaquistania; ao sur e leste estaba Gondwana que se estendía desde o polo sur ao ecuador. Non lonxe dos dispersos terreos casacos estaban os cratóns do sur da China, norte da China, e do Tarim, pero non se coñece como estaban situados eses bloques continentais en relación a Gondwana.

Evolución tectónica A inicios do Paleozoico os terreos casacos estaban distribuídos por unha ampla rexión no norte e noroeste dos terreos de Mangyshlak, Karakum, Karakorum e Tarim. Porén, a localización, orixe e afinidades faunísticas destes terreos xeolóxicos foron explicados aplicando dúas hipóteses competidoras: unha describe estes terreos como enormes arcos de illas chamados o arco de Kipchak; a outra considéraos unha serie de cintos máis ou menos paralelos. As análises faunísticass indican que algúns dos terreos probablemente se orixinaron en Gondwana en vez de en Báltica ou Siberia. Unha análise de 2006 de braquiópodos indicou que as Montañas Chu-Ili debían formar un terreo xeolóxico independente perigondwánico no Ordovícico tardío localizado non lonxe dos cratóns do sur e norte da China.

Estudos máis recentes indican que no Ordovícico tardío os terreos casacos formaban un arquipélago composto de grupos de arcos de illas e microcontinentes centrados no ecuador. As unidades principais desta ensamblaxe eran os terreos de Boshchekul (no norte de Kazakhstán), Chingiz-Tarbagatai (leste de Kazakhstán) e Chu-Ilu (sur de Kazakhstán). O microcontinente Atashu-Zhamshi estaba localizado na marxe suroeste do arquipélago. Algúns dos terreos fusionáronse probablemente xa no Ordovícico medio, pero é moi improbable que Casaquistania se formase como un un só continente antes do final do período.; Para consultar un mapa dos terreos casacos ver ; Para unha reconstrución do Ordovícico tardío ver

Durante o Carbonífero e Permiano, Siberia chocou con Casaquistania formando as Montañas Altai, e posteriormente Báltica colidiu orixinando a oroxenia ural, creando a base da maior parte do que hoxe é Eurasia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Mapa do bloque de Kazakhstán e áreas lindantes Ordovician-Permian Paleoxeografía de Eurasia central

Categoría:Paleoxeografía Categoría:Paleozoico