José Mouriño Cuba, nado en Lousada (Xermade) o 25 de novembro de 1948, é un enxeñeiro técnico agrícola, biólogo e escritor galego.

Foi un dos maiores impulsores das Denominacións de Orixe de Galicia e das Indicacións Xeográficas Protexidas, especialmente da provincia de Lugo, como Ribeira Sacra, a do queixo San Simón da Costa, queixo do Cebreiro, faba de Lourenzá, grelos de Galicia , Lacón Galego e pemento de Mougán. Tamén está considerado un dos grandes impulsores da agricultura ecolóxica de Galicia debido á súa implicación clave na creación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Traxectoria Estudou no Instituto Nacional de Ensino Medio de Lugo e na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo, obtivo praza no Instituto Nacional de Reforma de Desenvolvemento Agrario por oposición en Ourense, en Santiago de Compostela no IRYDA, en proxectos de concentración parcelaria. Tamén estudou Bioloxía e Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Accedeu ao Corpo Especial de Enxeñeiros Agrícolas do Estado por oposición, en Ourense, Bilbao e Lugo. Despois accedeu ao Corpo Superior Facultativo da Xunta de Galicia, na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria como biólogo.

Participou na creación das denominacións de orixe de Galicia, representou o Ministerio de Agricultura no Consello Regulador do Ribeiro e no de Valdeorras. Foi delegado do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e profesor dos I Cursos de Inspectores Medioambientais de Galicia. Tamén foi Xefe do Servizo de Industrialización e Promoción Agroalimentaria da Consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Lugo. Foi cofundador das I Xornadas Agrarias de Ourense..

É membro da Academia de Gastronomía de Galicia, na que ocupa a cadeira de Álvaro Cunqueiro e colabora activamente. Ten colaborado en El Progreso, La Voz de Galicia, La Vanguardia, Fronte e cocote, Comunidade Escolar ou Semana Vitivinícola.

Obra O queixo de San Simón. A súa recuperación. Consellería do Medio Rural e do Mar, 2014. ISBN-13: 978-84-453-5159-8. Ribeira Sacra. Origen y evolución de la Denominación de Calidad (2019). Belagua Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-949517-9-4.

Premios e recoñecementos Embaixador do Queixo do Cebreiro Comendador da Orde da Alquitara. Billó de Ouro. Medalla de Ouro do Consello Regulador IXP Lacón Galego Proposto como Fillo Predilecto de Xermade en 2022 e nomeado en 2023. Cabaleiro da Orde de Mencía no Saviñao, 30 de agosto de 2026.

Notas

Categoría:Nados en Xermade Categoría:Nados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Biólogos de Galicia