Larrie D. Ferreiro, nado en Long Island o 11 de xuño de 1958, é un arquitecto e historiador naval estadounidense.
Traxectoria Naceu e creceu en Long Island, Nova York, e ten ascendencia galega por parte de seu bisavó, un emigrante galego.
Traxectoria Realizou o seu doutoramento no Imperial College de Londres en 2004 e estudou un mestrado en Arquitectura Naval.
Actualmente é director de investigación na Defense Acquisition University en Fort Belvoir, Virxinia, e profesor adxunto de Historia na Universidade George Mason. Anteriormente traballou como arquitecto naval e enxeñeiro de sistemas na Oficina de Investigación Naval, o Naval Sea Systems Command e a Garda Costeira dos Estados Unidos, ademais de como enxeñeiro de intercambio coa Mariña Francesa.
Foi finalista do Premio Pulitzer en Historia polo seu libro Brothers at Arms.
Obra parcial
Measure of the Earth: The Enlightenment Expedition That Reshaped Our World. Nova York, NY : Basic Books, 2011, Brothers at Arms: American Independence and the Men of France and Spain Who Saved It. Alfred A. Knopf, 2016. Ships and Science: The Birth of Naval Architecture in the Scientific Revolution, 1600-1800. MIT Press 2006. Bridging the Seas: The Rise of Naval Architecture in the Industrial Age, 1800-2000. MIT Press, 2020. Churchill's American Arsenal: The Partnership Behind the Innovations that Won World War Two. Oxford University Press, 2022.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Profesores da Universidade George Mason Categoría:Alumnos do Imperial College London Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América