A cardiopatía conxénita é un problema na estrutura do corazón presente no nacemento. Os signos e síntomas dependen tipo específico de problema. Os síntomas poden variar desde ningún ata síntomas que ameazan a vida. Cando se producen os síntomas, poden incluír respiración rápida, pel azulada (cianose), dificultade para gañar peso e fatiga. A condición non causa dor no peito. Entre as posibles complicacións está a insuficiencia cardíaca. A maioría dos problemas cardíacos conxénitos non ocorren xunto con outras enfermidades.
Causa e diagnóstico A causa dun defecto cardíaco conxénito é en moitos casos descoñecida. Algúns casos poden orixinarse de infeccións durante o embarazo como como a rubéola, o consumo de certos medicamentos ou drogas como alcohol ou tabaco, o feito de que os proxenitores sexan parentes próximos, ou a mala alimentación ou a obesidade da nai. Ter un familiar cun defecto cardíaco conxénito tamén é un factor de risco. Hai varias condicións xenéticas asociadas aos defectos cardíacos conxénitos, incluíndo a síndrome de Down, a síndrome de Turner e a síndrome de Marfan. Os defectos cardíacos conxénitos divídense en dous grupos principais: cianóticos e acianóticos, dependendo de se o neno ten ou non tendencia a ter a pel azulada. As enfermidades cardíacas poden afectar ás paredes internas do corazón, ás válvulas cardíacas ou aos grandes vasos sanguíneos que teñen orixe e destino no corazón.
Prevención e tratamento Os defectos cardíacos conxénitos pódense evitar en parte coa vacinación contra a rubéola, o consumo de sal iodado e ácido fólico. Algunhas enfermidades cardíacas non requiren tratamento. Outros poden ser tratados eficazmente con procedementos de catéter ou cirurxía cardiovascular. Nalgúns casos, poden ser necesarias varias cirurxías. Noutros casos, transplantes de corazón poden ser necesarios.Como se tratan os defectos cardíacos conxénitos? Heart, Lung, and Blood Institute. Data 1 de xullo de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2015. (en inglés) Co tratamento axeitado, o prognóstico é xeralmente bo, mesmo para os problemas máis complexos.
Epidemioloxía e prognóstico Os defectos cardíacos conxénitos son as enfermidades conxénitas máis comúns. En 2013, producíronse 34,3 millóns de casos en todo o mundo. Afectan entre 4 e 75 nacidos vivos por cada 1000 nacidos, segundo os criterios diagnósticos. Só entre 6 e 19 por 1000 causan problemas de moderados a graves. As cardiopatías conxénitas son a principal causa de morte relacionada con enfermidades conxénitas. En 2013 foron responsables de 323 000 mortes, e a pesar do aumento da poboación supón unha diminución das 366 000 de 1990.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atresia pulmonar Circulación pulmonar Cirurxía cardíaca Cirurxía torácica Cirurxía pediátrica Tetraloxía de Fallot
Categoría:Doenzas conxénitas Categoría:Doenzas do sistema circulatorio