Brenthis ino é un insecto lepidóptero da familia Nymphalidae.
Descrición miniatura Brenthis ino é unha bolboreta de tamaño medio, cunha envergadura de 34 a 42 milímetros. As femias son máis grandes e xeralmente máis escuras que os machos. As antenas son claviforme. A cor básica da parte superior das ás é de cor laranxa con varias manchas de cor marrón escura. Os bordos son de cor marrón tamén, cunha raia descontinua de pequenas manchas. A parte inferior das ás é cremoso-laranxa cun bordo dentado e manchas marróns escuras nas ás anteriores, mentres que as ás posteriores mostran manchas de cor beixe-marrón no fío e algunhas manchas marróns escuras e violeta anilladas como sombreado. As ás desta especie carecen de manchas prateadas. A bolboreta voa entre xuño e agosto, dependendo da localización. Pasa o inverno en forma de eiruga. As larvas aliméntanse de Filipendula ulmaria , Filipendula vulgaris, Rubus saxatilis, Rubus idaeus, especies de Aruncus e Spiraea e Sanguisorba minor.
Subespecies
Brenthis ino ino Brenthis ino achasis (Fruhstorfer, 1907) Brenthis ino acrita (Fruhstorfer, 1907) Brenthis ino adalberti (Fruhstorfer, 1916) Brenthis ino amurensis (Staudinger, 1887) Brenthis ino maxima (Staudinger, 1887) Brenthis ino paidicus (Fruhstorfer, 1907) Brenthis inoparvimarginalis Nakahara, 1926 Brenthis ino schmitzi Wagener, 1983 Brenthis ino siopelus (Fruhstorfer, 1907) Brenthis ino tigroides (Fruhstorfer, 1907) Brenthis ino trachalus (Fruhstorfer, 1916)
Distribución Está presente en España, Francia, Italia, en Europa central e do norte, en Siberia, na Asia tépeda, no norte da China e no Xapón.
Hábitat Esta especie prefire os prados húmidos e turbeiras nunha elevación de 0 a 1500 metros sobre o nivel do mar.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Euro butterflies Butterfly guide Lepiforum e. V. Moths and Butterflies of Europe and North Africa
Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1775