Xoaquín, ou coas variantes Xoquín e Xaquín, (do , Yohaquim, composto de Yah, diminutivo de Yahweh 'Deus', e posiblemente qum 'endereitar, erguer') foi o marido de Ana e o pai de María, nai de Xesús, de acordo coa tradición católica, ortodoxa e anglicana. É, polo tanto, avó de Xesús. A historia de Xoaquín e Ana apareceu por primeira vez no evanxeo apócrifo de Santiago. Xoaquín e Ana non son mencionados na Biblia.Brownrigg, Ronald. Who's Who in the New Testament 2001 ISBN 0-415-26036-1 page T-62 A súa festividade no rito romano é o 26 de xullo, froito dos cambios do Concilio Vaticano II.
Na tradición cristiá As xenealoxías de Xesús nos evanxeos de Mateo e Lucas non especifican o nome dos pais de María, pero parece que nomean a dous pais diferentes para o seu esposo Xosé. Moitos académicos, empezando por Xoán Damasceno no século VIII, e sobre todo os académicos protestantes, argumentaron que a xenealoxía do Evanxeo de Lucas é a árbore familiar de María e que o seu pai se chamaba Helí.J. Gresham Machen. The Virgin Birth of Christ, 1930
De acordo coa tradición, Ana naceu en Belén, rexión de Xudea, e casou con Xoaquín, que era de Nazaret, rexión de Galilea. Ambos eran descendentes do rei David. No Protoevanxeo de Santiago, Xoaquín é descrito como un home rico e piadoso, que adoitaba dar donativos ós pobres e á sinagoga de Séforis. Segundo a tradición, viviron primeiro na rexión de Galilea e, posteriormente, asentáronse en Xerusalén, na rexión de Xudea.
No entanto, o sumo sacerdote rexeitou a Xoaquín e ao seu sacrificio animal no templo porque a súa falta de fillos foi interpretada como un signo de desaprobación divina. Xoaquín foise ao deserto e practicou xaxún durante corenta días como penitencia. Uns anxos aparecéronse tanto a Xoaquín como a Ana para dicirlles que terían un fillo. Tras isto, Xoaquín regresou a Xerusalén e abrazou a Ana nunha porta da cidade. Había unha crenza antiga dun fillo nacería dunha muller maior e que estaría destinado a facer grandes cousas. No Antigo Testamento cóntase unha historia similar doutra muller chamada Ana, que foi a nai do profeta Samuel. miniatura|Pinturas góticas (s. XVI) na ábsida da igrexa de San Tomé de Nogueira (Meis, Pontevedra). Representa a aperta de San Xoaquín e Santa Ana (pais da Virxe María) ante a Porta Dourada de Xerusalén. Na revisión de 1969 do Calendario romano xeral, uniuse a súa festividade coa de santa Ana, que ten lugar o 26 de xullo."Calendarium Romanum" (Libreria Editrice Vaticana 1969), pp. 98 y 135 A devoción a san Xoaquín é moderna, mentres que a de santa Ana é máis antiga, polo menos data do século VI.
Galicia En Galicia, San Xoaquín é venerado na illa de Ons (Bueu), tanto na súa igrexa parroquial coma na capela de Canexol.
Na tradición oral, tamén está presente nalgunhas cantigas e refráns:
Bendito san Xoaquín e bendita santa Ana, díannos o pan pra toda a semana.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia