Javier González Fernández, coñecido como Javi González, nado en Valladolid o 27 de febreiro de 1989, é un preparador físico español. Dende 2023 exerce dita función no Deportivo da Coruña.
Traxectoria Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, vencellouse dende os 21 anos ao deporte profesional. Fixo prácticas en varios clubs de fútbol da Premier League inglesa, como o Manchester United, el Chelsea e o Newcastle, e preparouse tamén no Atlético de Madrid, Osasuna a Albacete.
Na súa cidade natal traballou no CB Valladolid de balonmán e no Real Valladolid de fútbol, colaborando co primeiro equipo dirixido por Miroslav Đukić. En 2016 converteuse no preparador físico do Lealtad e tras pasar polo Valladolid B marchou a Chipre, para exercer as mesmas funcións no AEK Larnaca, adestrado polo vasco Imanol Idiakez. Posteriormente pasou pola selección taiwanesa, onde o sorprendeu a irrupción da pandemia de COVID-19, polo Goa e o Mohun Bagan da India e polo Cancún mexicano, onde traballou co irmán de Imanol Idiakez, Iñigo.
En 2023 ingresou no Deportivo da Coruña, como novo preparador físico, de novo xunto a Imanol Idiakez.
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Preparadores físicos