Heremigario (en latín: Hermigarius ou Heremigarius), finado en Mérida no 429, foi un xefe militar suevo do século V que aparece citado na Crónica de Hidacio dirixindo unha expedición sueva cara a Lusitania a comezos do ano 429 e ao que se enfrontou o rei dos vándalos Xenserico inmediatamente antes de marchar co seu pobo para África. O enfrontamento produciuse nas ribeiras do Guadiana nas proximidades de Mérida e acabou coa morte do suevo, que afogou no río.Schwarz, p. 50Sayas (2004), p.436
O historiador alemán Felix Dahn na súa monumental Die Könige der Germanen apuntou a posibilidade que fora familiar e mesmo sucesor de Hermerico, esta hipótese compártea Casimiro Torres en Galicia Sueva sinalando a posibilidade que fora pai de Recimiro. Pero o certo é que non hai constancia documental que indique que fora realmente rei dos suevosThompson (1982), p. 166 e hai autores como Pampliega que sinala que estaría baixo a autoridade de Hermerico.Pampliega (1998), p. 236
Tamén foi relacionado con Ermengon, que está enterrada nunha tumba ariana na basílica de Hippo Regius, a capital dos vándalos. Ela era, posiblemente, unha sueva que formaba parte da aristocracia vándala, e quizais parente de Heremigario.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Suevos Categoría:Finados en 429