Bill Willingham, nado en decembro de 1956 en Fort Belvoir, Virxinia, é un escritor e artista estadounidense de banda deseñada.

Traxectoria

Primeiros anos Willingham comezou a traballar como escritor de banda deseñada a tempo completo a principios da década de 1980, despois de conseguir un traballo como editor en IRS, un fabricante de xogos de rol, a finais dos anos 70.

Debutou artisticamente con Elementals, escribindo a primeira serie e a maioría da segunda, así como algúns especiais como Elementals Special, Elementals: Sex Special (1991), Elementas: Ghost of a Chance (1995) e Elementals: The Vampire's Revenge. Seguiu con historias para o clásico de DC Comics Green Lantern e tres números da serie Coventry creada por el. Tamén produciu algúns cómics pornográficos en 1991 baixo o título Ironwood.

Anos 90 e 2000 A finais da década de 1990, Willingham escribiu a serie de trece partes Pantheon, publicada por Lone Star Press. A continuación seguiu unha concentración gradual na súa obra literaria: escribiu unha serie de novelas curtas que trataban sobre as aventuras modernas da antiga figura mítica do guerreiro anglosaxón Beowulf e a novela fantástica Down the Mysterly River.

Desde o inicio dos anos 2000, Willingham escribiu para DC Comics, incluíndo traballos sobre a bruxa Thessaly e series de superheroes como Robin (2004 a 2006), Batman e Legends of the Dark Knight. Tamén colaborou con Marvel Comics en Ultimate X-Men. Despois de escribir Day of Vengeance, comezou a serie Shadow Pact, que presenta un grupo de seres sobrenaturais, incluíndo Deadman e Zatanna. Ademais, desde 2002, a serie Fables de Willingham, publicada por Vertigo (un selo de DC), narra as aventuras de personaxes de contos de fadas en Nova York actual, gañando premios como o Eisner e inspirando o videoxogo The Wolf Among Us.

Posicións políticas Willingham mantivo unha posición ambigua sobre a súa ideoloxía, nun mundo coma o da banda deseñada maioritariamente de esquerda. Tanto a súa obra como el mesmo foron caracterizados como de dereitas ou conservadores, sionistas e mesmo racistas.

Polémica sobre os dereitos de autor Moitos autores da BD criticaron as grandes editoras respecto ao tratamento da propiedade intelectual e os dereitos dos creadores. Alan Moore, sentiuse traizoado por DC pola xestión dos dereitos de Watchmen, Jack Kirby tivo desacordos con Marvel, Frank Miller criticou á industria centrado en temas sociais, Neil Gaiman apoiou licenzas abertas como Creative Commons, e outros como Cory Doctorow, aínda que non é un autor de BD, criticaron activamente as políticas tradicionais de dereitos de autoría.

Bill Willingham, asegurou que desde o 15 de setembro de 2023, toda a propiedade de Fables está no dominio público, sendo previamente da súa propiedade exclusiva. Despois deste anuncio, DC respondeu que tomaría medidas legais para protexer os seus dereitos.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América