Koh Ker (en , Prasat Kaôh Ké [praːsaːt kɑh keː]) é un remoto sitio arqueolóxico de Camboxa. Atópase a 120 km de Siem Reap e do antigo sitio de Angkor. É unha rexión chea de selva e pouco poboada. Atopáronse máis de 180 santuarios nunha área protexida de 81 km². Só unhas dúas ducias de monumentos poden ser visitados polos turistas porque a maioría dos santuarios están escondidos no bosque e a zona non está totalmente desminada.

Koh Ker é o nome moderno dunha importante cidade do Imperio Khmer. Nas inscricións menciónase a vila como Lingapura (cidade de lingams) ou Chok GargyarHigham, C., 2001, The Civilization of Angkor, Londres: Weidenfeld & Nicolson, (traducido como cidade de olixisto, ou como bosque de árbores de ferro).

O lugar de Koh Ker foi declarado Patrimonio da Humanidade o 17 de setembro de 2023 durante a 45ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en Riad, Arabia Saudita.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "A short guide to the temples in Koh Ker", Heritage Watch (author's name, etc., no ISBN), about 26 pages with plans, drawings and photographs.

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Camboxa Ligazóns externas

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Camboxa