miniatura|300px|Sinatura de Rosalía Castro de Murguía. RosalíaBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés, co asturiano e co castelán. A súa etimoloxía é discutida. En galego ten os hipocorísticos son Rosa e Chelía.

En xaneiro de 2023 existían 1.722 mulleres en Galicia co nome Rosalía, cunha media de idade de 52,8 anos.Rosalía na Web do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía A súa etimoloxía é discutida. Porén, a hipótese máis recorrida explícao como un nome de orixe xermánica, composto de hraustr ‘valente’ ou rausn ‘gloria, fama’ xunto cunha forma -lîn. Segundo Tagliavini, esta hipótese refórzase pola natureza xermánica de santa Rosalía de Palermo, nada no século XII.

Uso O seu uso está documentado dende o século IX, mais a popularidade en cativas galegas durante o século XX e XXI débese, en boa medida, á figura de Rosalía de Castro.

Rosalía noutras linguas

Alemán: Rosalie Aragonés: Rosalía Asturiano: Rosalía Castelán: Rosalía Catalán: Rosalia Éuscaro: Arrosali / Errosale Francés: Rosalie Inglés: Rosalie Italiano: Rosalia Portugués: Rosália Romanés: Rozalia Ruso: Rozaliia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes de orixe incerta Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos asturianos Categoría:Nomes femininos casteláns