Pyronia bathseba é unha bolboreta da familia Nymphalidae. Habita na Península Ibérica, sueste de Francia, Marrocos, Alxeria e Tunisia.
Hábitat Pode verse revoloteando en ladeiras, zonas abruptas e arbustivas. As súas eirugas aliméntanse de gramíneas, particularmente do xénero Brachypodium.
Descrición Ten o anverso alaranxado con bordo marxinal marrón bastante ancho e un gran ocelo no ápice de dobre pupila branca. Presenta ocelos menores na á posterior. O macho presenta un marcado androconio. O reverso é marrón escuro na base, con ancha banda posdiscal branco-amarela seguida de cinco ocelos negros de pupila branca rodeados de amarelo.
Especies similares son Pyronia tithonus, con pequenos ocelos no reverso e sen eles no anverso da á posterior e que habita no norte de Europa, e Pyronia cecilia, sen ocelos nas ás posteriores.
Ten unha envergadura de 36 a 38 mm. Voa de maio a xullo, dependendo da localización.
Ciclo vital As larvas aliméntanse de plantas gramíneas, principalmente da especie Brachypodium.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pyronia bathseba en Asturnatura.com.
Categoría:Insectos de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1793