Jonathan Mark Buckland, coñecido tamén como Jon ou Jonny, nado o 11 de setembro de 1977 en Londres, Inglaterra, é o guitarrista da banda Coldplay.

Traxectoria Buckland naceu en Londres e viviu alí ata os catro anos de idade, cando a súa familia transladouse a Pantymwyn, Gales do Norte. Comezou a tocar a guitarra aos once anos, estimulado por The Stone Roses, Ride, George Harrison e My Bloody Valentine, e animado polo seu irmán máis vello Tim. Buckland asistiu á Alun School en Mold, Gales; despois iniciou os seus estudos de astronomía e matemáticas na University College London, onde coñeceu aos seus futuros compañeiros de banda.

Categoría:Guitarristas de Inglaterra Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Islington Categoría:Coldplay