Universidade de St Andrews, en gaélico escocés Oilthigh Chill Rìmhinn, en inglés University of St Andrews, está situada na cidade de St Andrews, no condado de Fife, e é a universidade máis antiga de Escocia e unha das máis antigas do Reino Unido. Foi fundada no século XV, entre 1410 e 1413, e hoxe segue sendo unha das universidades máis prestixiosas do país. É unha universidade pública con aproximadamente 10.000 estudantes. Desde 2020 a súa reitora é a activista e psicoterapeuta de orixe somalí Leyla Xuseen.

Historia

Fundación na Idade Media e crecemento na Idade Moderna A Universidade de St Andrews foi fundada en 1410 no priorato da catedral de St Andrews e recibiu unha bula pontificia do papa Bieito XIII de Aviñón en 1413. Unha vez lista, a universidade comezou a mostrar un crecemento importante: en 1418 creouse unha facultade de Pedagoxía, o St Salvator's College en 1450, St Leonard's College en 1511 e St Mary's College en 1537. Algunhas destas institucións e edificios aínda existen hoxe, como a Capela de San Salvator, situada no St Salvator's Quadrangle, que actualmente alberga varios dos departamentos da universidade. No momento da súa fundación, a universidade tiña un carácter relixioso, e boa parte das materias eran impartidas polos propios agostiños da catedral. Idade contemporánea. Crise no século XIX e fundación do University College Dundee A Universidade mantivo a súa importancia e influencia en Escocia nos séculos seguintes; porén, durante o século XIX o número de alumnos reduciuse considerabelmente, até chegar a menos de 150 na década de 1870. Para resolver parcialmente este problema, a universidade fundou un colexio en Dundee, o University College Dundee que se convertería nun centro pioneiro de investigación médica e científica. Máis tarde, esta facultade independizouse, converténdose na Universidade de Dundee.

Século XX Durante o século XX, especialmente na segunda metade do século, a universidade recuperou a súa matrícula e perdeu prestixio non só en Escocia senón tamén en todo o Reino Unido e outras partes do mundo, especialmente os Estados Unidos.

Século XXI miniatura|Os príncipes de Gales, graduados en 2005 en Xeografía e en Historia da Arte. Nos anos 2001-2005, William, duque de Cambridge, estudou xeografía alí. Na actualidade, a Universidade de St Andrews acolle a unhas 10.000 persoas, entre profesores e estudantes.

Facultades e departamentos A Universidade de St Andrews ten actualmente as seguintes facultades, subdivididas en departamentos: Bioloxía Medicina Física e Astronomía Química Informática Matemáticas e Estatística Administración de Negocios Economía Relacións internacionais Inglés Linguas Modernas Xeografía Historia da arte Historia Teoloxía Estudos Clásicos Filosofía e Antropoloxía Psicoloxía Alén disto, a Universidade alberga a "Academia Real Escocesa de Música e Drama" (Royal Scottish Academy of Music and Drama).

Alumnos e profesores destacados Entre os alumnos e profesores representativos e coñecidos da universidade estiveron o rei Xacobe II de Escocia, o signatario da Declaración de Independencia dos EUA James Wilson, o inventor dos logaritmos John Napier, o líder protestante fundador da Igrexa de Escocia John Knox, os fundadores da Universidade de Glasgow e da Universidade de Edimburgo William Turnbull e Robert Reid os Premios Nobel de Medicina James W. Black e Maurice Wilkins, o médico Edward Jenner, os príncipes de Gales, Guillerme e Catarina, directores executivos de multinacionais como BHP (Andrew Mackenzie), BP (Robert Horton), FanDuel (Nigel Eccles), Rolls-Royce Holdings (John Rose), Royal Dutch Shell (Robert Paul Reid), Tate & Lyle (Iain Ferguson) ou Royal Bank of Scotland (George Mathewson), xefes e directivos do MI6 como Alex Younger, John Sawers, George Kennedy Young e J. M. Bruce Lockhart, o ex-Primeiro Ministro de Escocia e líder do SNP por vinte anos Alex Salmond, o exdirector senior de asuntos europeos e rusos do Consello de Seguridade Nacional dos EUA, Fiona Hill e David Holmes (implicados na investigación do impeachment contra D. Trump), o fundador da revista Forbes B. C. Forbes, o ex Director de Comunicacións de Downing Street e de BBC World News Craig Oliver, entre outros editores da BBC,o gañador do Pulitzer James Michener, a escritora Fay Weldon e o actor Ian McDiarmid; tivo como profesores o académico Walter Burkert, o teólogo Richard Bauckham, o astrónomo John Couch Adams, o zoólogo William Thomas Calman, historiadores como Alex Woolf ou Tomasz Kamusella, o naturalista contrario á Teoría da Evolución David Brewster, políticos como Bruce Hoffman ou Clara Ponsatí.

Honoris Causa A universidade nomeou numerosos doutores honoris causa como Benjamin Franklin, Hillary Clinton, Bob Dylan, Arvo Pärt, Maggie Smith, Sean Connery, Martha Nussbaum, Seamus Heaney, Georg Cantor ou David Attenborough entre outros.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da Universidade de St Andrews Páxina das asociacións de alumnos da Universidade de St Andrews.

Categoría:Universidade de St Andrews Categoría:Universidades de Escocia Categoría:Universidades do Reino Unido