O puntillismo é un estilo pictórico no que se empregan pequenos puntos de cores primarias creando a impresión dunha ampla gama de diversos contrastes de cores. A técnica recala na habilidade do ollo e da mente do espectador para mesturar as cores vendo así cores secundarias. A técnica está relacionada co divisionismo, unha variante máis desenvolvida. É un estilo con poucos pero importantes seguidores como Seurat, Signac e Cross.

O termo foi creado por críticos de arte de finais da década de 1880 para criticar os traballos destes pintores. Hoxe en día emprégase sen matiz despectivo.

Categoría:Neoimpresionismo Categoría:Movementos artísticos Categoría:Técnicas artísticas