Ramón Piñeiro Beiro é un sindicalista e militante independentista galego, que foi membro da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos e do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal, polo cal foi detido ás poucas horas e condenado pola Audiencia Nacional.
Traxectoria En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Piñeiro Beiro encargouse de conducir o coche onde ía secuestrado o garda xurado, o cal foi abandonado na vila de Pastoriza. O garda xurado estivo unha hora atado e amordazado no asento traseiro até que foi liberado pola Garda Civil.
Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá, comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» , La Voz de Galicia, 7/4/03 Segundo declaracións de Piñeiro, a morte ocurreu "de maneira aleatoria" e que o obxectivo da operación non era asasinar o axente, senón roubar as súas armas. Piñeiro Beiro foi detido ás poucas horas xunto a outro dos membros, Manuel Quintáns López, cando se atopaban agochados nun barranco preto da estrada. Foron descubertos coa pistola do vixilante xurado e a do garda civil morto.
Piñeiro Beiro foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Francisco Javier Filgueira, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo. En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.
Notas
Categoría:Membros do EGPGC