Francisco Javier Filgueira Domínguez, nado en 1959, é un sindicalista e militante independentista galego que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal, polo cal foi detido dous días despois xunto coa xefa do comando, Josefa Rodríguez Porca, e condenado pola Audiencia Nacional.
Traxectoria En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena de 76 anosEl último capítulo de una breve historia radical , La Voz de Galicia, 7/4/2003 polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Filgueira foi o responsable de alugar ao seu nome o coche que usou o comando no atentado.
Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá, comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» , La Voz de Galicia, 7/4/03 Nun principio, Filgueira conseguiu fuxir e agocharse durante dous días nunha toxeira xunto coa xefa do comando, Josefa Rodríguez Porca, mais finalmente foron localizados por un helicóptero da policía e foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Ramón Piñeiro Beiro, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo. En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.
Notas
Categoría:Membros do EGPGC Categoría:Nados en 1959