Juan Carlos Deibe Varela, nado en 1968, é un militante independentista galego que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal, polo cal foi condenado pola Audiencia Nacional.
Traxectoria En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena de 72 anos polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Filgueira foi o responsable de alugar ao seu nome o coche que usou o comando no atentado. Deibe Varela dirixiuse ao lugar planeado con Francisco Javier Filgueira nun coche alugado por Filgueira.
Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá, comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» , La Voz de Galicia, 7/4/03 Foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Ramón Piñeiro Beiro, Francisco Javier Filgueira, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo. En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.
Notas
Categoría:Membros do EGPGC Categoría:Nados en 1968