Papá ou mamá 2 (en ) é un filme francés de 2016 dirixido por Martin Bourboulon, estreado en 2016. É a continuación de Papa ou Maman, estreado en 2015. Estreouse en galego o 3 de outubro de 2023 na TVG. A tradución para a dobraxe fíxoa Adrián Ramos.

Sinopse Logo dun divorcio difícil, Vincent e Florence parecen vivir bastante ben. Ao parecer, cada un leva a súa propia vida e mantén moi boa relación co outro, aínda que con catro fillos a loxística familiar é complicada. Son veciños, vense continuamente e nunca discuten. Ambos volven ter unha parella e, aínda que cada un pretenda aceptar sen problema a do outro, están á espreita. Os nenos están convencidos de que os seus pais aínda se queren e que deberían volver xuntos, mais Vincent e Florence están dispostos a todo para demostrar que están trabucados.

Personaxes

Laurent Lafitte como Vincent Leroy Marina Foïs como Florence Leroy Alexandre Desrousseaux como Mathias Leroy Jonathan Cohen como Édouard Morteau Sara Giraudeau como Bénédicte Anna Lemarchand como Emma Leroy Achille Potier como Julien Leroy Judith El Zein como Virgínia Nicole Garcia como a nai de Florence Michaël Abiteboul como Paul Michel Vuillermoz como Coutine Alice Saignes e Louise Bleeds como Charlotte Leroy Anne Le Ny como a xuíza

Notas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego