A lingua teribe é unha lingua falada polo pobo naso ou teribe de Panamá e Costa Rica, pertencente á familia lingüística chibcha. É empregada na provincia de Bocas del Toro do noroeste de Panamá e na parte sur de Costa Rica, na provincia de Puntarenas, mais está case extinta nesta última zona. No 2007 contaba cuns 3.000 falantes, dos cales case todos falan tamén o castelán. O teribe está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Sistema de escrita + Alfabeto teribe (Panamá) a ã ä b ch d e ẽ ë g gw i ĩ j k kw l ll m n ñ o õ ö p r s sh t u ũ w y z O teribe tamén usa o ll coa diérese centrada sobre as letras.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Fonoloxía do teribe

Categoría:Linguas chibchas Categoría:Linguas de Costa Rica Categoría:Linguas de Panamá