miniatura|RISAT 2BR1 antes do lanzamento. Radar Imaging Satellite ou RISAT é o nome dunha serie de satélites de observación indios mediante radar.

Características Os satélites RISAT son satélites gobernamentais construídos pola ISRO e adicados á observación terrestre mediante radar para o estudo da Terra, o descubrimento e xestión de recursos, para o control da agricultura e do bosque, a medición da humidade do solo, para facer estudos xeolóxicos, do xeo marino, o control das costas e a axuda en emerxencias. Tamén teñen aplicación militar.

RISAT 1, 1A e 1B Os dous primeiros satélites RISAT foron lanzados en 2012 e 2022 respectivamente a bordo de foguetes PSLV-XL desde o Centro Espacial Satish Dhawan. O lanzamento do terceiro rematou en fracaso co fallo do lanzador PSLV-XL do 18 de maio de 2025. Usan radar de apertura sintética en banda C e teñen unha masa de 1858 kg. Estabilízanse nos tres eixos e están formados por un prisma aproximadamente hexagonal unido a un cilindro ao que tamén vai unido unha parte con forma de cubo. A maior parte dos sistemas están integrados no prisma e no cilindro, mentres que os paneis solares e algúns subsistemas están no cubo. RISAT 1 foi posto fora de servizo en 2017.

RISAT 2, 2B, 2BR1 e 2BR2 RISAT 2 foi lanzado o 20 de abril de 2009 mediante un PSLV-CA e usa un radar en banda X comprado a Israel debido aos atrasos sufridos por RISAT 1. O radar está baseado no satélite TECSAR 1, mentres que o bus é completamente indio.

RISAT 2B, 2BR1 e 2BR2 foron lanzados respectivamente o 22 de maio de 2019, o 11 de decembro de 2019 e o 7 de novembro de 2020. Os satélites teñen unha masa duns 600 kg e usan tamén o radar israelí. O bus ten forma hexagonal.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasRISAT 220 de abril de 2009PSLV-CAÉxitoRISAT 126 de abril de 2012PSLV XLÉxitoRISAT 2B22 de maio de 2019PSLV-CAÉxitoRISAT 2BR111 de decembro de 2019PSLV-QLÉxitoRISAT 2BR27 de novembro de 2020PSLV-DLÉxitoRISAT 1A14 de febreiro de 2022PSLV XLÉxitoRISAT 1B18 de maio de 2025PSLV XLFallo

Notas

Véxase tamén Outros artigos PSLV-XL PSLV-CA

Categoría:Satélites artificiais