Noelia Rivadas López, nada en Ordes en 1996, é unha logopeda e política galega. Traxectoria

Graduouse en Logopedia pola Universidade da Coruña, con premio fin de grao, o premio de excelencia académica e o premio fin de carreira pola Xunta de Galicia. Traballa como logopeda especializada en neurorehabilitación, desenvolvendo a súa actividade asistencial con persoas que presentan dano neurolóxico adquirido e outras patoloxías da comunicación e da deglutición. Compaxina a súa labor clínica coa impartición de formación especializada para profesionais e entidades do ámbito sociosanitario.

Nas eleccións municipais de 2019 foi no número 4 nas listas do PSdeG-PSOE no concello de Ordes, e nas eleccións municipais de 2023 foi no número 2 e saíu elixida concelleira. Forma parte da executiva local do seu partido como secretaria de organización. Notas

Categoría:Nados en Ordes

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Ordes