Óscar Boán Callejas, finado en Vigo en marzo de 1964, foi un militar e político galego.
Traxectoria Fillo do capitán de cabalería Ricardo Boán, natural de Guantánamo, e de María Dolores Callejas Becerra, da Habana. A familia tivo que trasladarse a Madrid en 1884 por mor da guerra de Independencia de Cuba. Fixo a carreira militar, e en 1908 era primeiro tenente do Rexemento de Cazadores de Galicia, 25º de Cabalería.Gaceta de Madrid, 1-6-1908, p. 1048. Comandante de Cabalería retirado, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Cangas de Morrazo.El Ideal Gallego, 25-7-1936, p. 4. En maio de 1937 foi nomeado Delegado de Orde Pública da provincia de Pontevedra,El Diario de Pontevedra, 18-5-1937, p. 2. posto no que cesou en outubro de 1937.El Ideal Gallego, 13-10-1937, p. 3. Estivo na fronte algúns meses en 1938 e foi ascendido a coronel de Cabalería.
Logo da toma de Castelló de la Plana polos sublevados o 13 de xuño de 1938, participou na represión das comarcas de Castelló. Foi ascendido a tenente coronel en maio de 1939.BOE, 3-6-1939, p. 3041. Presidente do Consello de Guerra en Sagunt, ordenou o fusilamiento de 27 veciños de Puçol, Sagunt e Puig o 5 de maio de 1939; presidiu o tribunal que condenou a tres veciñas de Catarroja, Carmen Martínez Fortea, Bárbara Morellá Ribes e Francisca Ballester Noguera fusiladas despois en Paterna; condenou a morte a Rosa Font "La Budella"; procesou ao escultor Manuel Silvestre Montesinos (Silvestre d’Edeta) e outras 27 persoas en Llíria; condenou a Juan e Miguel Pérez Gaviria e o concelleiro socialista Elias Murcia Martínez de Ayora. Retornou a Vigo en 1941 co rango de coronel, onde permaneceu en activo ata a súa xubilación en 1947. Finou en Vigo en marzo de 1964.El Pueblo Gallego, 10-3-1964, p. 2.
Vida persoal
Casou en Vigo con Rufina Lameiro Furio en 1907,El Correo Gallego, 13-4-1907, p. 1. e foi pai de María del Carmen, Sara María e María Teresa Boán Lameiro. A súa muller Rufina Lameiro finou en 1960.El Pueblo Gallego, 15-4-1960, p. 6. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Óscar Boán Callejas: el exalcalde de Cangas que ordenó fusilar al rector de la Universitat de València
Regidores de la villa Cangas
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Finados en 1964
Categoría:Nados en ano descoñecido