Man on the Moon é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Miloš Forman. Está protagonizado por Jim Carrey, no papel do comediante Andy Kaufman. O resto do elenco está composto por Danny DeVito, Courtney Love e Paul Giamatti.

A historia percorre a traxectoria de Kaufman dende a infancia ata os clubs de comedias e as aparicións televisivas que o fixeron famoso, incluíndo as súas memorables aparicións en Saturday Night Live, Late Night with David Letterman , Fridays, e o seu papel de Latka Gravas na comedia de situación Taxi, que foi popular entre os espectadores pero perturbador para os compañeiros de Kaufman. O filme presta especial atención ás diversas bromas interiores, estafas, engaños e acontecementos polos que Kaufman era famoso, como a súa interpretación do personaxe Tony Clifton.

Estreouse o 22 de decembro de 1999 nos Estados Unidos e o 5 de maio de 2000 no Reino Unido por Universal Pictures e Warner Bros. Pictures nalgúns mercados. Aínda que o filme non tivo éxito comercialmente e recibiu críticas mixtas, Carrey recibiu aclamación da crítica pola súa actuación e gañou un Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical, o seu segundo consecutivo despois do seu premio por The Truman Show .

O documental Jim & Andy: The Great Beyond estreouse en 2017 e narra a actuación de Carrey como Kaufman no filme, un personaxe que mantivo durante gran parte da produción do mesmo.

Personaxes

Jim Carrey como Andy Kaufman / Tony Clifton / Latka Gravas Danny DeVito como George Shapiro Courtney Love como Lynne Margulies Paul Giamatti como Bob Zmuda / Tony Clifton Gerry Becker como Stanley Kaufman Leslie Lyles como Janice Kaufman George Shapiro como Mr. Besserman Richard Belzer como el mesmo Patton Oswalt como Blue Collar Guy Melanie Vesey como Carol Kaufman Brittany Colonna como Carol Kaufman de moza Michael Kelly como Michael Kaufman Vincent Schiavelli como Maynard Smith Peter Bonerz como Ed Weinberger Michael Villani como Merv Griffin Bob Zmuda como Jack Burns Tracey Walter como editor do National Enquirer

Notas

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Miloš Forman Categoría:Filmes rodados en Filipinas Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles