Sergio Buenacasa Alba, nado en Zaragoza o 19 de abril de 1996, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Teruel, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do San Gregorio Arrabal, do Real Zaragoza, do FC Barcelona e da Juventus. No verán de 2015, con 19 anos, volveu a Zaragoza para xogar no Deportivo Aragón.

O 7 de decembro de 2015 debutou co primeiro equipo do Zaragoza na Segunda División, nun partido diante do Bilbao Athletic en San Mamés, ingresando ao campo nos instantes finais como substituto de Alfredo Ortuño. No verán de 2017 deixou de novo Aragón e fichou polo Barakaldo, da Segunda División B, no que militou durante unha campaña, marcando 14 goles.

En xuño de 2018 fichou polo Mallorca, co que logrou o ascenso á Primeira División, aínda que contou con poucos minutos de xogo. Para a tempada 2019/20 foi cedido á Ponferradina. No equipo berciano, dirixido por Bolo, xogou só 31 minutos en seis meses, polo que en xaneiro de 2020 o club cancelou a súa cesión e o xogador foi cedido até final de tempada ao Málaga.

Na campaña 2020/21 militou no Hércules, de Segunda B, e durante as seguintes campañas vestiu as camisetas de varios equipos da Primeira División RFEF: Cultural Leonesa, La Nucía, Talavera de la Reina e Teruel.

Notas

Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1996 Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do CF La Nucía Categoría:Xogadores do CF Talavera de la Reina Categoría:Xogadores do CD Teruel