San Pedro da Pobra do Brollón é unha parroquia e a capital do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2017 tiña 271 habitantes agrupados en 5 entidades de poboación, cunha densidade de 76,76 hab./km².
Linda con Castrosante e Saa polo norte; Cereixa e Castroncelos polo sur; Lamaigrexa polo leste e, Cereixa polo oeste.
Historia A antiga xurisdición da Pobra do Brollón abarcaba os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes, Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, Salcedo e Vales, ademais dos termos do coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A vila da Pobra ostentou foros particulares outorgados polo rei Sancho IV de Castela e o seu fillo o rei Fernando IV de León e Castela.
Festas Festas do Corpus, na honra ao Corpus Christi, no mes de xuño, son as principais da vila. Festas de San Pedro
Lugares e parroquias Lugares da Pobra do Brollón
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas Fotos de San Pedro da Pobra do Brollón
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro