Pacios de Veiga é un lugar pertencente á parroquia da Ferreirúa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo. Contaba en 2008 con 78 habitantes (34 homes e 44 mulleres), repartidos en tres lugares: O Corral, O Lugar e Pigüeiro.
Pacios de Veiga está atravesado polo río Cabe e aínda se conservan numerosos muíños antigos de moer cereais.
Historia Do seu pasado importante quedan vestixios na Casa Prior. O mosteiro da Madalena de Sarria tivo nesta aldea unha granxa e un convento da orde dos cóengos regulares de Santo Agustín, frades que se dedicaban a producir viño.
Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de UltramarDiccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar / por Pascual Madoz en 1850 a aldea pertencía á parroquia de Santalla de Rei, así como as súas dúas serras: a de Pacios e a de Portocabe.
Patrimonio artístico Igrexa de Santa Eufemia de Pacios de Veiga, do ano 1710, situada no lugar de Pigüeiro. Posúe unha escultura de pedra de Santa Eufemia, de 80 quilos de peso. Muíños de Seara, Ramiro e Vila, todos eles no río Cabe.
Festividades Festas de San Froilán, celébranse o primeiro domingo de outubro.
Lugares e parroquias Lugares da Ferreirúa
Parroquias da Pobra do Brollón
Véxase tamén Notas
Ligazóns externas Páxina de Pacios de Veiga Fotos San Froilán 2004 e 2005 en www.ferreirua.com
Categoría:Lugares da Pobra do Brollón