Código emperador é un filme franco-español de suspense producido por Vaca Films, dirixido por Jorge Coira e escrito por Jorge Guerricaechevarría. Está protagonizado por Luís Tosar, Alexandra Masangkay e Georgina Amorós, entre outros.

Emitiuse en galego pola TVG o luns 6 de novembro de 2023. A dobraxe dirixiuna Charo Pena e o texto traduciuno Manuel Arca.

Sinopse Thriller de intriga que entra na cara máis oculta da realidade sociopolítica española e ambientado nas altas esferas do poder e a espionaxe, no que o protagonista se mergulla nos recunchos dun sistema no que as aparencias son enganosas, a mentira está á orde do día e a chantaxe é a mellor moeda de cambio. Juan (Luís Tosar) traballa para os servizos secretos. Co fin de ter acceso ao chalé dunha parella implicada no tráfico de armas achégase a Wendy (Alexandra Masangkay), a asistenta filipina que vive na casa e establece con ela unha relación que se irá volvendo cada vez máis complexa. En paralelo, Juan realiza outros traballos non oficiais para protexer os intereses das elites máis poderosas do país, que agora puxeron os seus ollos en Ángel González, un político aparentemente anódino cuxos trapos sucios deberá buscar ou inventar coa axuda de Marta (Georgina Amorós), a filla dun recoñecido actor.

Personaxes Luís Tosar como Juan Alexandra Masangkay como Wendy Georgina Amorós como Marta Denís Gómez como Ángel Laura Domínguez como Ana Miguel Rellán como Galán María Botto como Charo Fran Lareu como Chema Santi Prego Juan Carlos Vellido como Azcona Arón Piper como Fernando Ayax Pedrosa como Goyito

Produción A película é unha produción de Vaca Films e Proyecto Emperador AIE, en coprodución con Playtime, coa participación de RTVE, Netflix, TVG e co apoio de ICAA (Ministerio de Cultura), Agadic e Programa Media. En España está distribuída por por A Contracorriente Films, mintres que a distribución internacional corre a cargo de Netflix.

Rodaxe A rodaxe comezou en abril de 2021 e levou a cabo en cidades como Bilbao, Madrid, A Coruña, Budapest e A Habana.

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Jorge Coira Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes rodados en Budapest Categoría:Filmes rodados en Panamá Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego