Santa María da Parte é unha parroquia de Monforte de Lemos na provincia de Lugo, pertencente ó arciprestado de Monforte de Lemos. Segundo o INE, en 2025 tiña 38 habitantes (20 homes e 18 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 59 habitantes.
Xeografía Linda coas parroquias de Ribas Pequenas e Pino ao norte, Eixón e Fornelas ao leste, Chavaga e Reigada ao sur, e Ribas Altas e Valverde ao oeste.
A Parte está situada a 342 m de altitude, ó pé da serra do Moncaio. Está bañada polos ríos Mao, Cabe e Teixugo. O Mao desemboca no Cabe nesta parroquia.
Patrimonio Igrexa de Santa María, é do século XVIII e conserva algúns restos románicos.
No lugar de Camporrío celébrase o 20 e 21 de setembro a Romaría do San Mateo, nas beiras dos ríos Mao e Cabe.
Lugares e parroquias Lugares da Parte
Parroquias de Monforte de Lemos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monforte de Lemos
Categoría:Parroquias de Monforte de Lemos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María