Raewyn Connell, usualmente citada como R. W. Connell, nada en Sydney (Nova Gales do Sur) o 3 de xaneiro de 1944, é unha socióloga australiana, especialmente coñecida polo seu desenvolvemento do concepto de masculinidade hexemónica; aínda que tamén ocupouse de temas de clase, xénero e educación.

Traxectoria Como socióloga, Raewyn investigou sobre a estrutura das clases sociais (Ruling Class, Ruling Culture, 1977; Class Structure in Australian History, 1980), e sobre como as xerarquías de clase e de xénero son feitas e refeitas na vida cotiá nas escolas (Making the Difference, 1982; Teachers' Work, 1985).

Desenvolveu unha teoría social das relacións de xénero (Gender and Power, 1987; Gender: in World Perspective, 2002/2015), argumentando que o xénero é unha estrutura social dinámica e a grande escala, non só unha cuestión de identidade persoal. En campos aplicados traballou sobre a pobreza e a educación (Escolas e Xustiza Social, 1993), a sexualidade e a prevención da sida e a equidade de xénero.

Recoñecementos En 2023, foi nomeada Doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra.

Notas

Categoría:Nados en Sidney Categoría:Sociólogos de Australia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Persoas trans Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra