San Román de Antioquía, tamén chamado San Román de Cesarea, foi un diácono cristián de Siria. Sufriu martirio no ano 303, no tempo das persecucións do emperador Galerio aos cristiáns.
Biografía Segundo o relato de Aurelio Prudencio, durante as torturas que sufriu a mans de Asclepíades, quen tentara arrasar a súa igrexa en Siria, cortáronlle a lingua coa finalidade de que non seguise instando á conversión dos pagáns. A tradición cristiá atribúe a san Román o feito milagroso de que seguiu falando sen lingua. Un neno que o presenciou, chamado Várula (ou Várulas), comezou a proclamar a divindade de Cristo, o que o levou a ser torturado e decapitado diante da súa propia nai.
O himno de Aurelio Prudencio, con case mil versos compostos a finais do século IV, é unha das fontes do seu martirio. Outros historiadores eclesiásticos relataron o martirio máis tarde. O milagre de poder falar despois de amputarse a lingua era un lugar común no martiroloxía cristiá e aínda antes, xa que a lingua era considerada un instrumento ideal para enxalzar a divindade.
Iconografía
miniatura|San Román na igrexa parroquial de Saxamonde, Redondela. Non existen moitas imaxes de San Román na iconografía cristiá. A máis coñecida é a de Francisco de Zurbarán en 1638 para a igrexa de San Román en Sevilla.
Notas Categoría:Finados en 303 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia